Skip to Content

INFORMACIÓNS DA ANPA

INFORMACIÓNS DA ANPA

Guías de orientación académica e laboral. Arquivos en formato pdf.

11/05/2017

Imprescindibles como fonte de información.

 

Arquivos pdf, organizados polo

 

CEMIX do Concello da Coruña. https://goo.gl/iz8p4w 

No Cartafol Dixital  (link) 

aparecen todos os documentos que temos no Posto das Xornadas no CUR:

  • Titulacións Universitarias en Galicia
  • Notas de corte
  • Información da Proba ABAU e calendario
  • Parámetros de ponderación
  • Acceso á universidade co título de Técnico Superior
  • Información Aloxamentos das universidades do SUG
  • Webs das universidades públicas e privadas de todo o estado.
  • Webs de aloxamentos das universidades do resto do estado.
  • Centros de FP na Coruña.
  • Ciclos formativos de Artes Plásticas e Deseño.
  • Estudos Superiores de Deseño
  • Webs de Bolsas e Axudas

Lembra tamén consultar a Guía Ti Elixes  (link) que consta de dous documentos: un directorio de fontes de información sobre emprego e educación cos recursos máis salientables nestes dous ámbitos, e unha selección das bolsas convocadas nestes dous últimos anos.

9 de marzo. Folga no Ensino.

06/03/2017 14:25

O próximo 9 de marzo está convocada por diferentes organizacións educativas unha folga xeral do Ensino Público, para continuar na protesta contra da LOMCE, unha lei contra a que levamos máis de cinco anos loitando, que mesmo ten acordos maioritarios de paralización no Congreso dos Deputados, pero que continúa a aplicarse por uns gobernos que non queren escoitar o que a cidadanía dixo na rúa, e tamén nas urnas.

A ANPA do IES DE PORTO DO SON, que en ningún momento deixou de denunciar unha normativa como a LOMCE, lesiva para os intereses da nosa mocidade actual e da sociedade futura en xeral, tampouco nesta ocasión ten dúbidas da conveniencia, da actualidade, nin da necesidade de apoiar pública e rotundamente todas as mobilizacións, tamén as do próximo 9 de marzo, que defendan un Ensino Público libre de normativas como a que se denuncia.

Do mesmo xeito que continuar dicindo en voz alta e moi clara que as nais e pais do alumnado público galego non queremos a LOMCE, demandamos a súa inmediata derrogación, e non aceptamos un “pacto educativo” no que non está presente toda a comunidade educativa galega, porque para nós, o noso País ten motivacións de abondo como para ter voz propia en calquera normativa que pretenda regular a nosa realidade, a nosa convivencia, a nosa educación e a nosa cultura.

Para nós, a defensa dun Ensino Público galego, inclusivo e laico, é a razón fundamental da nosa existencia, e estaremos sempre con todas aquelas persoas e organizacións que defendan con nós eses principios elementais de equidade e respecto mutuo, e loxicamente estaremos en contra de todo aquilo, e de todos aqueles, que os ataque ou os menosprece.

 

Por iso estaremos o día 9 de marzo nas rúas, e por iso animamos a todas as familias do noso concello a apoiar esta folga, para rematar coa LOMCE, para termos un Ensino Público como o que queremos e merecemos.

Bando Concello de Porto do Son

10/02/2017 14:03

Convocatoria axudas para a adquisición de material e transporte escolar

 

Ver arquivo adxunto.

Procedemento para a admisión do alumnado

10/02/2017 13:43

Procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato para o curso académico 2017/2018.

 

O IES de Porto do Son presenta aquí información facilitada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que fai referencia aos procedementos de admisión e matrícula nos centros docentes sustentados con fondos públicos da comunidade autónoma de Galicia para os seguintes niveis educativos: 2º ciclo de Educación Infantil (de 3 a 6 anos), Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.

Calendario do procedemento de admisión e matrícula para o curso escolar 2017/18

Para o curso escolar 2017/18 os prazos previstos nesta orde para a tramitación dos procedementos de admisión e de matrícula do alumnado, son os seguintes:

Reserva de praza no centro de orixe 01 - 15 de febreiro
Sorteo público a efectos de desempate  Última semana de febreiro e antes do 1 de marzo
Publicación de postos escolares vacantes Antes do 1 de marzo
Presentación de solicitudes de admisión 01 - 20 de marzo
Presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremo 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas Antes do 25 de abril Antes do 15 de maio
Formalización da matrícula en educación infantil e primaria 20 - 30 de xuño
Formalización da matrícula en ESO e bacharelato 25 de xuño - 10 de xullo
Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato 1 - 10 de setembro

Ver arquivo adxunto.

ELECCIÓNS A CONSELLO ESCOLAR

23/11/2016 09:50
28/11/2016 21:50

 

 

O día 28, luns, de 6 a 8,30. V

Votacións para escoller representantes das nais/pais.

Consello Escolar

 Presentaron as súas candidaturas:

- García Paz, Margarita

- Pérez Torres, María del Pilar

- Queiruga Ayaso, María

Moitas grazas.

Desde o equipo directivo animamos a que votedes.


O IES é da comunidade escolar: de toda a comunidade escolar.

FOLGA ESTUDIANTIL DO 24 DE NOVEMBRO

21/11/2016 18:18
24/11/2016 18:18

Que a nosa sociedade está en contra da LOMCE, e moi especificamente das reválidas, é xa agora unha certeza tan grande que non hai partido político, nin o que a impulsou, que non estea en disposición de iniciar un proceso de cambio da norma que máis rexeitamento cidadán leva colleitado en toda a nosa vida democrática.

Máis esa disposición ao cambio, que encubre en moitos suxeitos unha simple intención de maquillaxe, non é para nós unha moi boa noticia, nin é o resultado desexado do esforzo serio e rigoroso que levamos facendo dende o primeiro día que esa Lei nefasta foi simple bocexo de intencións. Para a Confederación ANPAS GALEGAS a actual realidade educativa non ten máis ca unha solución: derrogar esa norma, con absolutamente todos os seus efectos e consecuencias, retomar a situación previa e poñerse a traballar cara unha nova normativa  educativa que realmente puxe polos dereitos de todo o alumnado, de toda a mocidade, e que entenda  a educación como o lugar onde todos teñen acubillo, e no que se prepara ás persoas para vivir, non para traballar e dar rendemento económico.

É certo que, dentro da necesidade xeneralizada de facer desaparecer a triste realidade que a LOMCE trouxo, hai circunstancias que teñen un grao de urxencia que cobra unha moi espacial relevancia: nin a mocidade nin as súas familias podemos esquecer que o estudantado actual de 4º da ESO vaise enfrontar por primeira vez ao final deste curso académico a unha proba innecesaria, tal e como ocorreu coas avaliacións de 3º e 6º de primaria, o que sen dúbida terá a mesma resposta que aquelas tiveron os cursos anteriores.

E sobre todo non podemos esquecer que o alumnado que está a cursar 2º de Bacharelato, por exclusiva responsabilidade dos Gobernos español e galego, está a estas alturas de curso sen coñecer cal vai ser a proba que lle vai permitir acceder aos estudos universitarios, nin cales van ser os seus contidos, nin o seu procedemento avaliatorio; por primeira vez en décadas, e dun xeito innecesariamente precario, temos un curso que remata o bacharelato e descoñece como ten que preparar o seu futuro académico; e todo isto logo de que toda a sociedade, e moi nomeadamente esta Confederación, avisara durante anos da inconsistencia dunha norma que se implantou só para defender intereses económicos particulares.

Por iso, porque non queremos que a nosa sociedade viva cunha Lei como a LOMCE, porque non queremos que os nosos fillos e fillas fagan reválidas, con ou sen efectos académicos, e porque entendemos que o alumnado de bacharelato ten dereito a que o seu paso á universidade responda a un patrón programado e coñecido, esta Confederación está de acordo con todas as mobilizacións que se convoquen coa intención de acabar coas reválidas, e de derrogar á LOMCE, e estaremos alí onde ocorran para evidenciar ese acordo coa nosa presenza, ao carón dos nosos fillos e fillas.

En coherencia coa esa intención de apoio, convocamos a todas as familias galegas do Ensino Público á apoiar as mobilizacións que se realicen o próximo día 24 de novembroen todas e cada unha das súas convocatorias, e para facer visible ese apoio convocamos ás familias de todas as etapas educativas (primaria e secundaria) a secundar a folga non enviando aos seus fillos e fillas a clase ese día, e participando nas manifestacións e concentracións que se celebren.

Non vai ser a primeira vez que masivamente digamos que non queremos esa Lei, que non é nosa, e que non a admitimos como tal, que queremos unha educación para todas e todos, onde todos teñamos reservado o noso posto para nos desenvolver como persoas, achegando a nosa común diversidade na construción dunha sociedade para todas e todos; ocorrerá outra vez, e será así cantas veces sexan necesarias.

O alumnado de 1º e 2º de ESO que non vaia asistir as clases deberá xustificar a súa ausencia mediante este XUSTIFICANTE.

ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES DE PAIS, NAIS, TITORES/AS LEGAIS DE ALUMNADO NO CONSELLO ESCOLAR

07/11/2016 18:33
18/11/2016 18:33

AVISO DA ANPA E DA DIRECCIÓN

No día de hoxe celebrouse o acto de constitución da Xunta Electoral para as eleccións ao Consello Escolar do IES de Porto do Son e quedou aprobado o seguinte calendario de actuacións (ou ver arquivo adxunto).

Publicouse no taboleiro de anuncios do centro a convocatoria de eleccións nos distintos sectores educativos e os seus correspondentes censos electorais. É moi importante que se comprobe que figuran no censo de nais e pais do centro. Se alguén non figura en dito censo ten que comunicalo en Secretaría para proceder á súa inclusión.

O prazo de presentación de candidaturas e de reclamacións ao censo é do martes 8 de novembro ao venres 18 de novembro (ámbolos dous incluídos).

É moi importante a nosa implicación neste proceso de eleccións e animámosvos a participar nel presentando candidaturas. Se queres formar parte do Consello Escolar presenta a túa candidatura, cubrindo o modelo (ou descarga arquivo adxunto) e entrégao na Secretaría do centro.

As eleccións para elixir os/as representantes de Pais, Nais, Titores/as legais serán o luns, 28 de novembro, de 18:00 a 21:00 horas no centro.

Participa no proceso! 

 

PROCESO DE ELECCIÓN DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR.

02/11/2016 14:22
02/12/2016 14:22

SORTEO PÚBLICO DOS MEMBROS TITULARES E SUPLENTES PARA A CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL QUE ORGANIZARA E SUPERVISARÁ O PROCESO DE ELECCIÓN DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR.

Regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, segundo a nova redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria.

(apartado 1 do artigo 5º, da RESOLUCIÓN conxunta do 26 de setembro de 2016, (DOGA 4 de outubro)

 4 DE NOVEMBRO DE 2016 NO 2º RECREO LUGAR: SALÓN DE ACTOS

Calendario do proceso>>> aquí

OU NO ARQUIVO ADXUNTO.

FOLGA XERAL EDUCATIVA

26/10/2016

Neste link está a convocatoria da folga das organizacións de nais e e pais do 26/10/2016

Confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres del Alumnado

CEAPA

Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2016-2017

PREMA AQUÍ,

 

 

OU NO ARQUIVO ADXUNTO,

 

PARA VER OS LIBROS DO

 

CURSO 2016-2017

Os libros específicos do alumnado de PMAR, agardar a setembro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut