Skip to Content

MAGOSTO, NOVEMBRO 2018!

20/11/2018

Parecía que a chuvia non quería que fixésemos o magosto. Persistente, fíxonos mudar as datas ata que, o venres pasado, o sol quentou con forza para acompañar as castañas e a paella de outono (que vén sendo xa unha tradición: cogumelos, verduriñas...) tan ben preparada por Antón e por Rosi. E tamén xogamos!!! As mozas e o mozos do ciclo e de Antropoloxía foron uns magníficos animadores! Xa que andamos na concienciación da necesidade de comprometernos coa sostibilidade, a carón das castañas estiveron o tres en raia, a goma, a corda, os trompos, a petanca, os aros, a chave... Ata bailamos!!! Por riba, quedou o patio ben limpo! Grazas a todos e todas por un día tan gorentoso e agradable! 

Van algunhas imaxes mentres preparamos o vídeoSorriso

  

 

 

 

HÉCTOR CAJARAVILLE FÁLANOS DE "O SEGREDO DA CASA DE FORMOSO"

20/11/2018

Héctor Cajaraville, recentemente homenaxeado por segunda vez nos Premios Xerais, nesta ocasión co Merlín de Literatura Infantil ,  estivo a semana pasada no noso centro para falar co alumnado de 3º de ESO da obra que leron neste trimestre, O segredo da casa de Formoso. Podedes ler máis no blog da biblioteca. 

NOVEMBRO NOS CLUBS DE LECTURA!

13/11/2018

Ler, conversar, aprender, rir... Os clubs de lectura reuníronse neste mes de novembro para comentar El hijo del pintor e Reencontro. Contámosvolo no blog da biblioteca!

 

NAS IX XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

13/11/2018

Esta fin de semana estivemos nas IX Xornadas de Bibliotecas escolares contando como foron os nosos primeiros pasos no programa Radio na Biblio. Podedes lelo no blog da biblioteca. 

 

O CAMBIO CLIMÁTICO NO PROGRAMA CON-CIENCIA

13/11/2018

Unha nova sesión do programa Con-Ciencia para o alumnado de 2º de ESO. Coneñer para actuar. Podedes ler máis no blog da biblioteca

"A PESCA NO ENTORNO", NO PROGRAMA CON-CIENCIA

08/11/2018

Seguimos coa ciencia en galego, neste caso, coñecendo máis sobre a pesca no noso entorno dentro do programa Con-Ciencia, desenvolvido na biblioteca para o alumnado de 2º de ESO.

DO CORAZÓN DA MATERIA AO INTERIOR DAS ESTRELAS

08/11/2018
 
No marco do Mes da Ciencia en Galego, o alumnado de ciencias de 4ESO, 1º e 2º de bacharelato, asistiu á charla de Héctor Álvarez Pol, dentro do programa de divulgación do IGFAE, Instituto Galego de Física das Altas Enerxías.


 

Nun cm3 de auga (o tamaño dun dado) caben 35 millóns de millóns de millóns de átomos. Se cada átomo fose do tamaño dun campo de fútbol o núcleo (que contén case toda a masa) sería do tamaño dun chícharo. O resto é baleiro.

O físico guiounos nesta charla nunha viaxe dende o pequeno núcleo atómico ao máis grande que coñecemos, o universo, con paradas nas estrelas, que conectan ambos mundos ao seren as reaccións nucleares as responsables dos distintos tipos de radiación que estas liberan.

 Os estudos sobre a historia e a constitución do universo nos aceleradores de partículas e as múltiples aplicacións prácticas da física nuclar (diagnóstico médico, radioterapia, datación por carbono14, fusión nuclear, etc...) fan desta disciplina un campo de investigación cheo de posibilidades.

Posibilidades que contamos en galego. Que podemos investigar en galego. Que podemos aprender e ensinar en galego!!!

O IES DE PORTO DO SON NOS ESPAZO MAKER

04/11/2018

Estamos de parabéns, fomos seleccionados no programa "Espazo Maker". Agardamos a resolución definitiva, pero, de non haber cambios, significa uns 20.000 euros en material inventariable. E 2000 máis para gastos, etc. Supón ter os medios para acompañar os proxectos e optar a desenvolver outros novos. Detrás hai traballo e moitas posibilidades de aprendizaxe para o alumnado. Aí estamos, dende o Ensino Público!

 

3ª EDICIÓN NO CONCURSO ESCOLAR BÍBLICO DE CATALUÑA

30/10/2018

 

O noso I.E.S. fai entrega ao alumnado participante dos premios acadados na 3ª edición do concurso bíblico escolar de Cataluña que tiña como lema: "¡Señor, enséñame a ser feliz a dar paz!". Neste concurso participaron 78 centros de diferentes localidades españolas cun total de 3.853 alumnos/as participantes aos que lles enviaron un obsequio pola súa participación: un DVD con dúas películas e unha pulseira téxtil coa palabra PAZ máis un Novo Testamento para cada centro e para cada alumno/a premiada xunto cun diploma. Ademais, Laura e Clara recibiron unha mención especial polo seus traballos! Parabéns!!!

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2018

26/10/2018
26/11/2018

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2018

Como cada dous anos renóvase o Consello Escolar, seguindo as instruccións derivadas da RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018.

Temos que renovar as seguintes vacantes, que xunto co director e o xefe de estudos, suman os 18 membros do Consello Escolar:

  • 1 nai/pai/titor-a legal
  • 2 membros do alumnado
  • 4 membros do profesorado
  • (ANPA e Concello escollerán aos seus propios representantes)

Aportamos aquí o calendario aprobado pola Xunta Electoral escollida por sorteo o día 18/10/2018.

Nos adxuntos a esta comunicación poden baixar os modelos de impreso para presentar as súas candidaturas (do día 29/10 ao día 07/11/2018), o calendario do proceso e as competencias propias do Consello Escolar.

Grazas pola súa participación.

PROCESO ELECTORAL CONSELLO ESCOLAR

Tendo en conta o Decreto 92/1988, do 28 de abril modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril e a resolución do RESOLUCIÓN  do 25 de setembro de 2018, (DOG do Luns, 8 de outubro de 2018 ) pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros do Consello Escolar:

DATAS

ACTUACIÓNS

18 OUTUBRO 2018

● Sorteo público, ás 11,30 horas, para a designación dos membros da Xunta Electoral.

●   Segundo o resultado anterior, envío de citacións para a constitución da Xunta Electoral

25 OUTUBRO 2018

Primeira reunión da Xunta Electoral:

▪ Acto da súa constitución

▪ Aprobación do calendario de actuacións.

▪ Publicación nos taboleiros de anuncios:

        a) Das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos.

        b) Dos correspondentes censos electorais.

▪ Escrito ao Concello e a ANPA solicitando a designación dos seus representantes.

Do 29/10 ao 7/11  2018

● Prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores na Secretaría do Centro.

8-Novembro

(XOVES) 2018

●   Envío de convocatoria para a celebración da segunda reunión da Xunta Electoral

 

14-Novembro, 10:00

(LUNS) 2018

●    Segunda reunión da Xunta Electoral:

▪ Admisión, proclamación e publicación de candidaturas.

▪ Aprobación dos censos electorais e de modelo de papeletas, sobres...

▪ Sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais.

19-Novembro

(LUNS) 2018

●    Comezo das distintas campañas electorais. 19/11 - 23/11/2018

●   Envío de:

▪   Citacións para a constitución das distintas mesas electorais.

▪   Convocatoria para a terceira e última reunión da Xunta Electoral

●    Reunión de Claustro de Profesores (Lectura de normas, Relación de candidaturas, Acordo de convocatoria de Claustro extraordinario para o día 23.

26-Novembro

(Luns) 2018

Eleccións

▪ Profesorado. Pola mañá de 10 a 12:20

▪ Alumnado. Pola mañá nas clases.

▪ Pais/Nais. Pola tarde a partir das 18:00 horas ata as 21:00 horas

▪ P.A.S.: Pola mañá 11:00 a 12:00

27-Novembro

(Mércores) 2018

   Terceira e última reunión da Xunta Electoral:

▪ Proclamación e publicación de candidatos electos.

▪ Traslado  das actas das mesas electorais ao titular da delegación provincial.

●    Envío de convocatoria de reunión para a constitución do novo Consello Escolar.  (Artigo 52 do Decreto 92/1988, DOG do 29 de abril)

29-Decembro

(Xoves) 2018

   Celebración de reunión do novo Consello Escolar:

▪ Constitución do Consello..

▪ Designación dos membros que van a constituír a Comisión Económica.

▪ Constitución do Observatorio da Convivencia Escolar.

Antes do 20 de decembro 2018

● Envío ao xefe territorial do formulario que se publica como anexo I e anexo II da RESOLUCIÓN  do 25 de setembro de 2018

IES de Porto do Son a 17/09/2018

 

Distribuir contido


by Dr. Radut