Skip to Content

REUNIÓN DE NAIS/PAIS E TITORES. (Coas reválidas ao fondo).

24/10/2016 01:32
24/10/2016 23:32

Hoxe, día 24/10/2016, reunímonos nas aulas do IES coas nais e pais do noso alumnado, distribuidos por grupos.

Agardamos que sexa unha hora proveitosa e acolledora.

Como todos os anos adxuntamos un folleto informativo para as familias que podedes descargar AQUÍ OU NO AQRQUIVO ADXUNTO

Os tempos son complexos: a incerteza sobre a implantación da LOMCE, lei contra a que hai unha forte contestación, perturba este comezo de curso.

Especialmente en 4º e 2º de BACH.Resultado de imaxes para www.revalidas

En 4º ESO, aínda que se chegue á Reválida, esta terá unha soa convocatoria e non será vinculante. O título de ESO non depende este curso do exame.

En 2º BACH, non afecta á titulación este curso, pero sí á admisión na Universidade.

As nais e pais de 2º BACH contarán cunha breve folla informativa.

Se alguén quere ampliar información pode ler este informe máis extenso, pode clicar neste link ou abrir o arquivo adxunto.

 

Facer camiño.

14/10/2016 21:02
20/10/2016 21:02

 

Mensaxes nunha botella, historia, enigmas, bioloxía, toponimia, convivencia, roteiros da auga, integrar saberes e currículos e prácticas, identidade, ecoloxía, conciencia, lendas, coñecemento, autoestima, traballo real, resolución de problemas, literatura, acción, saber é unha acción... hai outras maneiras de aprender, e de ensinar.

Como agradecerlle a Fernando a coordinación e a arte do proxecto? Clica na imaxe. 

Si. Comeza a aprendizaxe por proxectos en 1º ESO. E comeza cun roteiro, un camiño que é unha lección. Se non chove, o luns 17 de outubro alá os irán: os tres primeiros de ESO, guiados polos maiores do Ciclo de Actividades Deportivas, e o profesorado do IES.

Desta viaxe nacerá outra viaxe: como imos dar resposta aos enigmas ou as mensaxes agochadas no camiño?

Ai..., ese será un traballo a facer ao longo do curso todo: Revista / Escultura / Roteiro.

De todo isto fala, e fala moi ben, Sonia Ces; aquí. 

Traballo real, que quedará aí, para o común, na comunidade educativa de Porto do Son.

 

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2016-2017

PREMA AQUÍ,

 

 

OU NO ARQUIVO ADXUNTO,

 

PARA VER OS LIBROS DO

 

CURSO 2016-2017

Os libros específicos do alumnado de PMAR, agardar a setembro.

 

AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO PARA O CURSO 2016/17

NOTA INFORMATIVA

AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO PARA O CURSO 2016/17

 

Dende a dirección do IES de Porto do Son infórmase da apertura do prazo para solicitar as axudas convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a adquisición de libros de texto (cursos 2º e 4º da ESO) ,para a participación no fondo solidario de libros de texto (1º e 3º da ESO), e para mercar material escolar (1º,2º,3º,e 4º da ESO) para o vindeiro curso 2016/17.

 

Estes procedementos estarán regulados pola Orde do 27 de abril de 2016, publicada no DOG o pasado 16 de maio de 2016. 

O impreso ( Anexo I da Orde) para realizar as correspondentes solicitudes poderá recollerse na secretaría do centro. Este deberá presentaranse cuberto (acompañados da documentación necesaria) na mesma secretaría do centro non máis tarde do 23 de xuño de 2016.

 

O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2016/17, cando non tivese presentado a solicitude de axuda no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.

 

AVISO IMPORTANTE:

 

Devolución dos libros do curso 2015-16

Os libros de texto adquiridos con cargo ó vale do curso 2015-16 (axudas de libros) e os proporcionados dende o fondo solidario do centro do curso 2015-16 terán que ser devoltos polos alumnos aos seus respectivos titores/as o día 27 de xuño para formar parte dun banco de libros do centro. Aqueles alumnos/as con materias pendentes para setembro poderán quedar cos libros correspondentes e devolvelos non máis tarde do día 7 de setembro.

 

Igualmente, aquelas familias que non fosen beneficiarias deste tipo de axudas e que voluntariamente desexen donar ó centro os libros de texto poderano facer na secretaría do centro, pasando estes libros a formar parte do banco de libros do centro e, deste xeito, poder ser empregados no vindeiro curso por outro alumnado.

 

Consecuencias da falta de devolución.- A falta de devolución dos libros de texto naqueles

casos nos que exista a obriga de facelo, será causa de exclusión do fondo solidario de libros

 

de texto e das convocatorias de axudas.  

Programa 20 Aniversario IES de Porto do Son

Protagonistas en Xuventude

Lingua e Literatura Galega: Criterios de cualificación, promoción e recuperación/ Contidos mínimos

No arquivo adxunto podense consultar os criterios de cualificación, promoción e recuperación, xunto cos contidos mínimos establecidos polo Departamento de Lingua Galega para o curso 2015-2016.

CALENDARIO DE EXAMENES DE SETEMBRO 2015

O día 1 de setembro se farán todos os examenes de asignaturas pendentes   (asignaturas suspensas de cursos pasados) e algúns examenes de bacharelato.

Os días 2 e 3 examenes de ESO e Bacharelato.

Podedes consultar os horarios nos arquivos adxuntos

Páxina Ciencias Sociais

facede click na imaxen para visitar a páxina de recursos e materiais para o estudio das ciencias sociais elaborada pola profesora carmen mecías

 

 

 

 

Enlace co Blog da Biblioteca

  Fai clic en bookiño para visitar o blog da biblioteca

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

by Dr. Radut