Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Xoves Xuño 20, 2019 »
Xov

DATAS DE MATRÍCULA, DE 09:30 A 13:30:

DÍA 1 > 1º ESO

DÍA 2> 2º ESO

DÍA 3> 3º ESO

DÍA 6> 4º ESO

DÍA 7> 1º BACH

DÍA 8> 2º BACH

 

 

 

 

ENLACES A DOCUMENTOS PARA A MATRÍCULA

 

1º ESO

2ºESO

3º ESO

4º ESO

1º BACH

2º BACH

DOCUMENTACIÓN COMÚN PARA BACHARELATO

 

 

 

Documentación a aportar coa matrícula:

 

- Impreso de matrícula que se proporciona na conserxería do centro ou se pode descargar na páxina web:www.ieson.gal

- Fotocopia do DNI do/a alumno/a.

- Fotocopia do boletín de notas do curso 2019/2020.

- Folla de autorizacións asinada.

- 2 fotografías tamaño carné (co nome do/a alumno/a por detrás).

- 1 sobre americano aberto, sen enderezo e selado Tarifa A.

Ademais:

- O alumnado de nova incorporación ao centro aportará fotocopia da páxina do Libro de Familia onde está rexistrado/a dito/a alumno/a.

- No caso do alumnado procedente doutra comunidade autónoma, debe entregar certificación académica dos estudos realizados.

- O alumnado de 3º e 4º ESO e Bacharelato entregará o xustificante de pago das taxas do Seguro Escolar (1,12 euros que serán aboados na Conserxería do centro, ou no caixeiro da oficina de ABANCA, co número de conta ES12 2080 0312 4430 4000 4100; entregaralle un recibo para presentar no IES).

- Se está de alta no programa Alerta Escolar debe aportar informe médico.

- En caso de divorcio deben aportar a sentenza xudicial.


NOTA: O alumnado que teña algunha materia pendente de examinar para setembro deberá realizar a súa matrícula no mes de setembro.

 

Os módulos que compoñen o ciclo e a súa duración son os seguintes:

 

MÓDULO

     HORAS

Desprazamento, estadía e seguridade no medio terrestre

11 h / semana

Conducción de grupos a cabalo e coidados equinos básicos

8 h / semana

Conducción de grupos en bicicleta

5 h / semana

Fundamentos biolóxicos, saúde e primeiros auxilios

3 h / semana

Actividad física para persoas con discapacidade

2 h / semana

Dinámica de grupos

2 h / semana

Administración, xestión e comercialización na pequena empresa

3 h / semana

Formación e orientación laboral

2 h / semana

Formación en centros de traballo (FCT)

2 meses y medio

 

  • O ciclo consta de 2 cursos académicos:
    •  1º curso: no que se imparten os 8 primeiros módulos da taboa anterior.
    •  2º curso: corresponde ó último módulo, “Formación en centros de traballo” (FCT), onde se realizan as prácticas en empresas de turismo activo, podendo adiantarse ó período de verán.
  • O contido dos tres primeiros módulos esixe un boa condición física previa.
  • No módulo de “Condución de grupos en bicicleta” é necesario ter un manexo básico da mesma ó inicio do curso.
  • O resto dos módulos (coa excepción da FCT) teñen un contido esencialmente teórico. Os tres primeiros módulos teñen tamén parte de contidos teóricos ademais de prácticos.
  • O módulo “Condución de grupos a cabalo e coidados equinos básicos” impártese no Centro Hípico de Montemuíño, onde o alumnado deberá acudir dúas veces á semana polos seus propios medios. 
  • A asistencia é obrigatoria. O/a alumno/a perderá o dereito á avaliación continua nun módulo, cando o número de faltas sobrepase o 10% das horas totais dese módulo.
  • Os/as alumnos/as deben participar en actividades fora do centro e mesmo fora do horario lectivo habitual, incluída a pernocta, dado que son programadas polos profesores dos módulos correspondentes.
  • Existe un material individual obrigatorio para o desenvolvemento dos contidos prácticos que o alumnado terá que ter e levar a clase (botas de montar a cabalo, culotte, casco de bici, botas de montaña, compás, mochila, mapa…).
  • A titulación que se adquire con este ciclo é a de “Técnico en Condución de Grupos no Medio Natural”, sendo a súa competencia xeral a de:
    • “Conducir clientes en condicións de seguridade por sendeiros ou zonas de montaña (onde non se precise técnicas de escalada e alpinismo) a pe, en bicicleta ou a cabalo, conseguindo a satisfacción dos usuarios e un nivel de calidade nos límites de coste previstos.”
    • Polo que para acadar esta competencia, é necesario recalcar a importancia de ter unha actitude positiva de cara ó traballo cas persoas e de relación social.
    • O ámbito de traballo será o medio natural (nin ximnasios, nin piscinas, nin dirixindo actividades deportivas como fútbol, baloncesto....onde a titulación requirida sería a do Ciclo Superior de Actividades Físico-Deportivas).

Estivemos hoxe en Muros, nos muíños de marea, presentando os proxectiños do alumnado que participou en GALP / Costa sostible / Mar Galaica ensino... tantos nomes.. en 2º ESO

Houbo traballos duns dez centros, de Fisterra a Porto do Son.

Algúns moi ben planificados, cun peso grande da dirección do profesorado, coma este que foi un dos que máis interesou.

As nosas rapazas e rapaces, levaron traballos feitos con total autonomía, tanto na idea como na elaboración; e quizais por iso resultaron chamativos. 

Teñen a virtude de que poden medrar e reutilizarse. Aquí está a Conselleira de Pesca tentando entender un Tabú; tamén levaron un Monopoly con propiedades valoradas pola súa sostibilidade ecolóxica ou non contaminante; un xogo de pistas; unha sinalética orixinal e chamativa; un mapiña interactivo; e vídeos que podedes ver aquí.  https://vimeo.com/342963847 https://vimeo.com/339289171 e outras cousiñas que quedaron na casa.

 

Start: 20/06/2019 08:20
End: 20/06/2019 14:00

De 08.20h a 14.00h, saída dos “Aqueladores” a Santiago. Como premio polos seus “arranxos” no centro, van pasar unha mañá divertida de “scape room”. 

Start: 20/06/2019

Viaxe a Aveiro do club de lectura co alumnado do club de lectura do IES Aquis Celenis de Caldas. Saímos o xoves arredor das 11.00h e regresaremos o venres sobre as 23.00h

Distribuir contido


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

by Dr. Radut