Skip to Content

Remate de curso co Galp / Costa sostible

20/06/2019

Estivemos hoxe en Muros, nos muíños de marea, presentando os proxectiños do alumnado que participou en GALP / Costa sostible / Mar Galaica ensino... tantos nomes.. en 2º ESO

Houbo traballos duns dez centros, de Fisterra a Porto do Son.

Algúns moi ben planificados, cun peso grande da dirección do profesorado, coma este que foi un dos que máis interesou.

As nosas rapazas e rapaces, levaron traballos feitos con total autonomía, tanto na idea como na elaboración; e quizais por iso resultaron chamativos. 

Teñen a virtude de que poden medrar e reutilizarse. Aquí está a Conselleira de Pesca tentando entender un Tabú; tamén levaron un Monopoly con propiedades valoradas pola súa sostibilidade ecolóxica ou non contaminante; un xogo de pistas; unha sinalética orixinal e chamativa; un mapiña interactivo; e vídeos que podedes ver aquí.  https://vimeo.com/342963847 https://vimeo.com/339289171 e outras cousiñas que quedaron na casa.

 



story | by Dr. Radut