Este curso 2023-2024, no IES Pedregal de Irimia continuamos co proxecto comezado o curso pasado para fomentar o pracer da lectura entre a comunidade educativa.

Invitámosvos novamente a unirvos club de lectura para adultos dirixido a toda a comunidade educativa (nais e pais, titoras/-es legais, profesorado e persoal non docente), dentro do club de lectura Soños de papel, que leva xa varios anos funcionando no centro.

A idea é xuntarnos unha vez por trimestre para falar dun libro, compartindo opinións co fin de enriquecernos cos distintos puntos de vista que aporte cada un dos membros e realizar algunha outra actividade cando sexa posible.

 

MÁIS INFORMACIÓN PINCHANDO AQUÍ

Proxecto “Traballando as diferenzas culturais e os estereotipos. Unha forma de construír cidadanía europea”.

  • Ofértanse 12 prazas ó alumnado de 4º ESO e 1º BAC para participar nas actividades deste proxecto e na mobilidade ó instituto socio, ASSOCIATION POUR LES ACTIONS EDUCATIVES DU LYCÉE MILITAIRE D'AUTUN (AAELMA), en Autun, Francia.
  • Os/as alumnos/as interesados e os seus titores legais deben cubrir o documento dispoñible no seguinte anexo I. Unha vez cuberto e debidamente asinado, entregarase á coordinadora, Mari-Luz Lago Río.
  • Entre o alumnado inscrito, seleccionaranse os participantes seguindo o baremo que está no anexo II.

Animádevos a participar. 14 rapaces e rapazas en Francia esperan coñecervos!

Cumprindo co obxectivo de avanzar na avaliación interna do centro, este curso realizamos a avaliación do traballo feito polo equipo directivo así como o funcionamento dalgún servizo máis ofrecido polo centro (Biblioteca, TIC e Dinamización lingüística). Foron tres as enquisas realizadas e adaptadas aos seguintes sectores da comunidade educativa:
-    Profesorado.
-    Alumnado.
-    Persoal de Administración e Servizos (PAS).

Moitas grazas a todos/as pola vosa participación.

Distribuir contido