Física e Química

INFORMACIÓN DO DEPARTAMENTO

Curso 2023-2024

No curso 2023-2024 o Departamento de Física e Química está formado por:

  • Mario Outeiro Iglesias (xefe de Departamento)
  • Miguel Méndez Castro

 

CURSO

NOME DA

MATERIA

NOME DO

PROFESOR

Nº DE

ALUMN@S

HORAS SEMANAIS

OBRIGATORIA/

OPTATIVA

2º ESO Des. A

Física e Quí.

Miguel Méndez

11

3

Obrigatoria

2º ESO Des. B

Física e Quí.

Miguel Méndez

10

3

Obrigatoria

3º ESO  A

Física e Quí.

Miguel Méndez

23

3

Obrigatoria

3º ESO A

P.C.

Mario Outeiro

9

1

Optativa

4º ESO A

Física e Quí.

Miguel Méndez

17

3

Optativa

4º ESO A

P.C. 

Mario Outeiro

7

1

Optativa

1º BAC A

Física e Quí.

Miguel Méndez

16

4

Optativa

2º BAC A

Física

Mario Outeiro

3

4

Optativa

Química

Mario Outeiro

10

4

Optativa

 

O horario de atención a nais/pais (con cita previa é o seguinte):

  • Mario Outeiro Iglesias: luns de 12:15 a 12:35 e venres de 11:00 a 11:20.
  • Miguel Méndez Castro: venres de 10:10 a 11:00.

O alumnado ten colgado na Aula Virtual a Programación Didáctica de cada curso, xunto con un resumo da mesma. Ante calquera dúbida relacionada con este aspecto, prégase pedir cita ao Xefe do Departamento.

Relación de LIBROS DE TEXTO curso 2023-24 

O alumnado de 2º de BAC da rama de ciencias e tecnoloxía realizou unha visita ao laboratorio e á fábrica de Naturleite (Meira).

Cuarto aniversario de ARMN, materia de libre configuración ideada polo IES Pedregal de Irimia e ofertada ao alumnado de 2º ESO.

(Publicado no diario El Progreso o 22 de setembro de 2021)

O martes, día 25 de maio de 2021, as técnicas da Oficina Agraria Comarcal de Meira, Fátima Docio e Amparo Rivas, achegáronse ata o IES Pedregal de Irimia para ter un encontro cos 23 alumnos e alumnas da materia de libre configuración do centro: “Aproveitamento dos Recursos do Medio Natural (ARMN)”. No encontro, de 50 minutos, as dúas técnicas explicaron o traballo administrativo e de campo que dende estas delegacións da Consellaría do Medio Rural realizan como apoio ao sector agrogandeiro comarcal (asesoramento, formación, tramitación de axudas, control de pragas...). A maiores as técnicas exemplificaron a incorporación de mozos e mozas no sector primario da comarca, como unha saída laboral ou como unha achega complementaria aos ingresos familiares. O alumnado tivo a oportunidade de departir con elas e de trasladar as súas preguntas e dúbidas. 

Tres técnicos do Parque Eólico Experimental de Sotavento achegáronse o venres, día 9 de abril, para realizar un obradoiro de enerxías renovábeis co alumnado de 3º da ESO (e 2 de Física de 2º de Bacharelato). As actividades, realizadas no interior e no exterior do IES Pedregal de Irimia, constaron dunha parte teórica e dunha práctica na que os/as rapaces/zas puideron observar o funcionamento dunha cociña solar, dunha placa solar térmica e de moitas maquetas relacionadas co mundo das enerxías renovábeis. A actividade, organizada polos departamentos de Tecnoloxía e Física e Química, rematou cun xogo de "Pasapalabra" e cun chocolate "solar" para todos os/as participantes.

Distribuir contido