Consumópolis

Neste curso, 2020-21, o alumnado de 2º ESO participou no concurso Consumópolis 16 como parte da súa formación en Consumo Responsable, co lema "Coida o teu planeta cun consumo + responsable"

As fotografías mostran a primeira fase, que foi a única que puido celebrarse, sendo superada por todo o colectivo participante.

Outro curso máis alumnado de 1º e 2º de ESO aprende sobre Consumo Responsable participando nas actividades do concurso escolar Consumópolis-15, co lema "Os teus actos de consumo poden cambiar o mundo, como o farías ti?"

Nas seguintes fotografías aparecen traballando na primeira parte da proba e co diploma acreditativo de tela superada.

 

Álbum: Plan Proxecta -> Consumópolis

Un grupo de  cinco alumnos de 2º de ESO, que cursaron a materia optativa de Consumo Responsable,  fixéronse co terceiro premio da fase autonómica na convocatoria Consumópolis 14, grazas ao deseño do seu Moble Envirium, feito con materiais reciclables.

O venres 14 recibiron en Santiago os galardóns que acreditan a súa distinción a nivel autonómico.

Alumn@s de 1º e 2º ESO participan nas actividades do concurso escolar 2018-2019 Consumópolis 14, co lema Pola túa seguridade, sabes o que consumes?

Na primeira parte acceden ás seis probas expostas no concurso pola cidade de Consumópolis.

Aquí aparecen traballando e como lograron completar e puntuar en todas as probas, obtiveron un diploma acreditativo 

Agora están na segunda parte do concurso, deseñando e elaborando un prototipo ou maqueta dun produto creado totalmente polo alumnad@ 

Traballo rematado

Distribuir contido