Consumópolis 14 premia ao IES Pedregal de Irimia

Un grupo de  cinco alumnos de 2º de ESO, que cursaron a materia optativa de Consumo Responsable,  fixéronse co terceiro premio da fase autonómica na convocatoria Consumópolis 14, grazas ao deseño do seu Moble Envirium, feito con materiais reciclables.

O venres 14 recibiron en Santiago os galardóns que acreditan a súa distinción a nivel autonómico.