Proxecto U.M.B.R.E.L.L.A.

 

 

PREME NA IMAXE 

CLICK ON THE IMAGE

Sexta e última mobilidade do Proxecto U.M.B.R.E.L.L.A. a Koprivnica, Croacia, do alumnado e profesoras do IES Pedregal de Irimia, xunto cos alumnos, alumnas e profesorado de Gran Canaria, Portugal, Rumanía, Lituania e os anfitrións de Croacia.

O noso alumnado fixo dúas presentacións. Unha na que presentaron os resultados da medición, evada a cabo durante varios días, da temperatura, humidade presión atmosférica etc en tres puntos diferentes de Meira: unha zona con vexetación, outra só de asfalto e outra con asfalto e árbores para ver como infllúe a vexetación para baixar á temperatura dentro das cidades, e polo contrario como as zonas de asfalto se converten en auténticas illas de calor urbanas (Urban Heat Islands).

Noutra presentación fixeron un estudo comparativo das temperaturas máximas, mínimas e medias, e das precipitacións durante o último ano en Meira e arredores, cotexándoas coas de hai 20 anos, para observar como nos afecta o cambio climático e o quecemento global.

Remata o Programa Erasmus +, Proxecto U.M.B.R.E.L.L.A que comezamos en marzo do 2020.

A última mobilidade e despedida do proxecto é do 26 ao 30 de setembro a Koprivnica, Croacia e ata alí foron Sergio, Daniela, Mateo, Diego e Jimena acompañados de Mª Luz e Elvira.

Quinta mobilidade do Proxecto U.M.B.R.E.L.L.A. a Neringa, Lituania, do alumnado e profesoras do IES Pedregal de Irimia, xunto cos alumnos, alumnas e profesorado de Gran Canaria, Portugal, Rumanía, Croacia e os anfitrións de Lituania

O tema do proxecto ten que ver co cambio climático e as actividades deste encontro versaban sobre a influencia da deforestación no quecemento global. O alumnado debía presentar a porcentaxe de superficie verde que había en cinco zonas da vila ou cidade na que vivían. Logo durante 4 semanas en dúas zonas diferentes, unha con vexetación e outra con asfalto maioritariamente, debían facer medicións de temperatura e anotacións da biodiversidade atopada. Todos os países presentaban un video coa análise dos resultados e conclusións ás que chegaban.

Distribuir contido