Proxecto U.M.B.R.E.L.L.A.

Xa temos a Julia, María, Leire, Julián e Agustín, acompañados de María e Mª Luz, en Lituania. Aproveitando ao máximo a mobilidade en Nida (Neringa) Lituania.

 

Preme nas imaxes

Na semana do 4 ó 8 de abril, tivo lugar en Meira a mobilidade do proxecto UMBRELLA do programa ERASMUS+. Acollemos no noso centro a alumnos e profesores de Gran Canaria, Portugal, Croacia, Lituania e Rumanía. Os alumnos de cada país fixeron videos coa predicción do tempo considerando os datos dun mapa de superficie e participaron en mesas redondas nas que expuxeron as carácterísticas climáticas das distintas estacións do ano dos seus paises Como complemento fíxose unha visita a Meteogalicia para aprender que aparatos e elementos se empregan nas prediccións profesionais. Rematouse a semana plantando unha árbore galega autóctona por cada país.

Tamén houbo tempo para o lecer e tratamos de ensinarlles a nosa contorna: visitamos Meira, o Castro de Viladonga, Lugo, a Ribeira Sacra, o Parlamento de Galicia, Santiago e a súa catedral e a Mariña lucense.

 

 

Entre o 4 e o 8 de abril, o noso centro exerce de anfitrión, recibindo ao alumnado e ao profesorado de Portugal, Canarias, Croacia, Rumanía e Lituania que participa no proxecto U.M.B.R.E.L.L.A do ERASMUS +. Temos por diante unha semana chea de actividades e novas experiencias.

Mobilidade en Portugal do 7 ó 11 de febreiro. O traballo centrouse no cambio climático e as súas consecuencias. Nós presentamos dóus videos sobre as cigoñas, que cada vez pasan máis tempo con nós, e outro sobre as anduriñas, que cada vez hai menos. Tamén se fixeron mesas redondas sobre o clima.

Distribuir contido