Mobility in Galicia, april 4th-8th. 2022

Na semana do 4 ó 8 de abril, tivo lugar en Meira a mobilidade do proxecto UMBRELLA do programa ERASMUS+. Acollemos no noso centro a alumnos e profesores de Gran Canaria, Portugal, Croacia, Lituania e Rumanía. Os alumnos de cada país fixeron videos coa predicción do tempo considerando os datos dun mapa de superficie e participaron en mesas redondas nas que expuxeron as carácterísticas climáticas das distintas estacións do ano dos seus paises Como complemento fíxose unha visita a Meteogalicia para aprender que aparatos e elementos se empregan nas prediccións profesionais. Rematouse a semana plantando unha árbore galega autóctona por cada país.

Tamén houbo tempo para o lecer e tratamos de ensinarlles a nosa contorna: visitamos Meira, o Castro de Viladonga, Lugo, a Ribeira Sacra, o Parlamento de Galicia, Santiago e a súa catedral e a Mariña lucense.