Tecnoloxía

No curso 2022-2023 o departamento de tecnoloxía está formado por, Elia Gallego Seoane, que fai as funcións de xefa de departamento  e Javier Valcárcel Álvarez, o reparto das materias queda da seguinte forma:

  • 1º ESO A:  Tecnoloxía e Dixitalización, Javier Valcárcel Álvarez. Materia abrigatoria de 3 h semanais
  • 2º da ESO A e desdobre: Tecnoloxía, Javier Valcárcel Álvarez. Materia obrigatoria de 3 h semanais.
  • 3º da ESO: Educación Dixital, Javier Valcárcel Álvarez. Materia optativa de 3 h semanais.
  • 4º da ESO: TIC, Javier Valcárcel Álvarez. Materia optativa de 3 h semanais.
  • 1º de BAC: Tecnoloxía e Enxeñaría I, Elia Gallego Seoane. Materia de opción de modalidade de 4 h semanais.
  • 1º de BAC: TIC I Elia Gallego Seoane. Materia optativa de 2 h semanais.
  • 2º de BAC: TIC II Elia Gallego Seoane. Materia optativa de 3 h semanais.

Alumnado de 3º ESO de Educación Dixital, 4º ESO de TIC e 1º BAC de Tecnoloxía e Enxeñaría Industrial, participou na 6ª competición de robots da Universidade de Vigo. O equipo Pedregal 2 gañou o premio á orixinalidade polo seu robot "Raio Pedregal". Os premios consistiron nuns auriculares e un rato para cada alumno/a. Ao centro déronlle dous robots mboot. Parabens ao alumnado e profesorado participante nesta actividade.

O venres 8 de Abril os alumnos de 2º ESO visitaron as instalacións do Parque Eólico Experimental Sotavento, esta excursión organizada polo Departamento de Tecnoloxía tenta concienciar o alumnado sobre problemáticas tan importantes como o esgotamento de recursos enerxéticos, o aforro enerxético, as fontes de enerxía renovables,... O alumnado realizou unha visita guiada polas instalacións do parque, participou en actividades relacionadas coa xeración de enerxía, visitou o interior dun aeroxenerador, unha vivenda bioclimática, ...

 

Preme nas imaxes

O mércores 6 de Abril os alumnos de 3º e 4º da ESO visitaron na cidade da Coruña o MUNCYT, Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, e a Domus-Casa del Hombre, os alumnos disfrutaron dunha visita guiada polos museos e participaron nunha serie de actividades interactivas para tentar fomentar o seu interese pola Ciencia e a Tecnoloxía

preme na imaxe

Distribuir contido