Lingua e Literatura Galega

O Departamento de Lingua e Literatura Galega está composto por:

M. Pilar Alonso Leivas, que exerce como Xefa de Departamento e imparte clases nos seguinte grupos:

  • 2º ESO A e desdobre, Lingua e Literatura Galega e Reforzo educativo. 
  • 3º ESO A, Lingua e Literatura Galega
  • 2º BACH A , Lingua e Literatura Galega

Xoan Carlos Folgueira Diaz, imparte clase nos seguintes grupos:

  • 1º ESO A , Lingua e literatura Galega e Reforzo Educativo
  • 4º ESO e desdobre, Lingua e Literatura Galega
  • 1º BACH A, Lingua e Literatura Galega

Modificacións da Programación Didáctica con motivo da suspensión da actividade educativa presencial.

1º ESO
2º ESO
3º ESO
4º ESO
1º BAC
2º BAC

Organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), celebrouse no Pazo de Feiras e Congresos de Santiago de Compostela o XVIII Concurso de relato oral "Tíralle da Lingua" ao que tamén acudiu alumnado do IES Pedregal de Irimia. O resultado foi moi positivo xa que alumnos de 1º de BAC acadaron o segundo premio na súa categoría.

Como ben afirmou Antón Fraguas: “-Ser galeguista non é máis que ser amante da nosa terra”.

Pois iso mesmo é o que pretendemos dende o IES Pedregal de Irimia co noso alumnado , que sexan amantes da nosa terra e da nosa cultura. Que, como fixo Antón Fraguas, nunca perdan as súas raíces “da aldea”. Que non  muden nin polas  situacións persoais nin polas situacións profesionais e que, así,  manteñan viva a identidade da que tanto nos falou Castelao.

Con este fin levamos a cabo unha  actividade arredor da figura de Antón Fraguas, homenaxeado deste ano no día das nosas letras. 

Grazas ao alumnado polo seu interese e bo facer! 

Os criterios de cualificación do Departamento para o curso 2018-19 amósanse no arquivo adxunto.

Distribuir contido