Apuntámonos a non beber

Este ano o alumnado de 1º de ESO participa no Programa "Apuntámonos a non beber" , que ten como obxectivo previr  sobre o consumo de alcohol en idades temperás ou cando menos atrasar o inicio no seu consumo.

Aquí podemos ver aos alumnos e alumnas  traballando no proxecto.

Álbum: Plan Proxecta -> Traballando no Proxecta

Responsables de  Tráfico e da Garda Civil, impartiron unha charla o pasado 11 de abril sobre Seguridade Vial. A nivel práctico o alumnado puido poñerse as gafas que distorsionan a vista de forma similar a como o fai o alcohol, para que puideran comprobar o perigo que conleva.

Tamén tiveron a oportunidade de ver como son os alcoholímetros, mesmo na práctica

Álbum: Plan Proxecta -> Charla de Tráfico

Esperanza Otero, da Consellería de Sanidade, veu ao noso centro o pasado 11 de marzo para achegar ao alumnado participante no proxecto o tema "Alcohol e Saúde", facendo fincapé nas estratexias da publicidade.

Álbum: Plan Proxecta -> Charla da Consellería de Sanidade
Distribuir contido