EPVA

Tags:

O Departamento de Artes Plásticas, este curso 2023-24, está formado por: Begoña Vizcaíno Sanmartín, que exerce como Xefa de Departamento, e imparte materia nos seguintes cursos:

1º ESO A. Educación Plástica Visual e Audiovisual (EPVA)

3º ESO A. Educación Plástica Visual e Audiovisual (EPVA)

4º ESO A. Expresión Artística (EXP. ART.)

1º BAC. Debuxo Técnico I

 

 

 

 

Tags:

Parabens a Aya Lafou, alumna de 1º ESO, que foi a gañadora do II Certame Escolar de Ilustración IlustrarNÓS (categoría de 1º e 2º da ESO) que organiza a Área de Cultura da Deputación de Lugo.

O alumnado tiña que representar graficamente a idea CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO, ACTÚO! visibilizando solucións e fuxindo dunha representación catastrófica do problema.

 

Tags:

O 23 de marzo levouse a cabo en Lugo a entrega de premios do XIII Concurso de Tarxetas de Nadal organizada por "La Voz de la Verdad" e na que participou alumnado de centros educativos de toda Galicia. O noso instituto deixou o pavillón ben alto, xa que Lorena Alonso Campo de 1º ESO acadou o primeiro premio na categoria da ESO. Tamén foron galardoados cun diploma: Claudia Campos Barros, Yasmín Villamide Villar e Raúl García Pumares.

Tags:

O luns, 22 de marzo de 2021, contamos coa presenza da ilustradora Bea Lema no IES Pedregal de Irimia. Bea impartiu un obradoiro con alumnado de 1º de Bacharelato dentro do programa "ilustrarNOS" que promove a Área de Cultura da Deputación de Lugo.

A actividade foi promovida polo departamento de EPVA, preme aquí para ter información e ver as imaxes.

Tags:

A Biblioteca e o Departamento de EPVA do IES Pedregal de Irimia están a organizar o I Certame Fotográfico de temática relacionada coa natureza e os espazos naturais.

As bases do concurso están neste arquivo, así como algunha recomendación á hora de facer composicións fotográficas.

Distribuir contido