XIII Concurso de Tarxetas de Nadal organizada por "La Voz de la Verdad"

Tags:

O 23 de marzo levouse a cabo en Lugo a entrega de premios do XIII Concurso de Tarxetas de Nadal organizada por "La Voz de la Verdad" e na que participou alumnado de centros educativos de toda Galicia. O noso instituto deixou o pavillón ben alto, xa que Lorena Alonso Campo de 1º ESO acadou o primeiro premio na categoria da ESO. Tamén foron galardoados cun diploma: Claudia Campos Barros, Yasmín Villamide Villar e Raúl García Pumares.