Linguas clásicas

O Departamento de Linguas Clásicas (Latín e Grego) está formado por Iria Braña López; exerce como Xefa de Departamento e imparte clase nos seguintes grupos:

  • 4º ESO, Latín.
  • 1º BACH, Latín I.
  • 2º BACH, Latín II.
  • 1º ESO A, Xeografía e Historia (materia afín).
  • Atención nais/pais: martes de 11:20 a 12:15 h.

Os días 2, 3 e 4 de novembro os cursos de 4º e 1º de BAC, e algúns profesores e profesoras, realizaron unha escape room deseñada e organizada polo grupo de Latín I de 1º BAC. Aproveitando que nos atopabamos na semana do Samaín, este grupo traballou cunha serie de textos de autores clásicos nos que se contan historias de misterio relacionadas co mundo dos mortos: pantasmas, homes lobo, bruxas, casas encantadas... Tomando un deses textos como referencia, deseñaron o xogo baseado no asasinato da pobre Filonea: tratábase de descubrir quen era o seu asasino. A escape room consistía en ir atopando e resolvendo unha serie de pistas que estaban agochadas na aula no medio de membros amputados, sangue, pócimas máxicas e  outros elementos de “terror”... ata chegar ó final, no que se revela o nome do asasino. Quen o descubrira no menor tempo posible resultaría gañador... todos e todas o fixeron moi ben!

Preme sobre a imaxe

O alumnado de Cultura Clásica (3º  ESO) e Latín (4º ESO e 1ºBAC) realizou unha saída á provincia de Ourense, organizada pola profesora de Linguas Clásicas, Iria Braña, para visitar: Santa Comba de Bande, o campamento romano Aquis Querquennis, a Mansio Originis e unha ruta polo Xurés.

PREME NAS IMAXES PARA AMPLIAR 

Distribuir contido