Escape room

Os días 2, 3 e 4 de novembro os cursos de 4º e 1º de BAC, e algúns profesores e profesoras, realizaron unha escape room deseñada e organizada polo grupo de Latín I de 1º BAC. Aproveitando que nos atopabamos na semana do Samaín, este grupo traballou cunha serie de textos de autores clásicos nos que se contan historias de misterio relacionadas co mundo dos mortos: pantasmas, homes lobo, bruxas, casas encantadas... Tomando un deses textos como referencia, deseñaron o xogo baseado no asasinato da pobre Filonea: tratábase de descubrir quen era o seu asasino. A escape room consistía en ir atopando e resolvendo unha serie de pistas que estaban agochadas na aula no medio de membros amputados, sangue, pócimas máxicas e  outros elementos de “terror”... ata chegar ó final, no que se revela o nome do asasino. Quen o descubrira no menor tempo posible resultaría gañador... todos e todas o fixeron moi ben!

Preme sobre a imaxe