Orientación

Composición do Departamento de Orientación, curso 2023-2024:

  • Beatriz Blanco Busto, Orientadora e xefa de Departamento.
  • Mª del Mar Andión Rodríguez, PT e apoio 
  • Lucía González Martínez, PT, AL e apoio 

 Celebrando a diversidade

O crecente aumento de alumnado estranxeiro no centro invita a enriquecernos das diferentes culturas e achegarnos á diversidade desenvolvendo actitudes de respeto e tolerancia polas diferenzas. A través das titorías da ESO impúlsase un proxecto intercultural que representa a alumnos e alumnas do noso centro. Cada curso da ESO de primeiro a cuarto, divídese nos seguintes grupos de traballo: monumentos mais emblemáticos, gastronomía, curiosidades, festas e tradicións sobre diferentes países: China, Brasil, Italia, Senegal e Marrocos. Distintos departamentos implicáronse no proxecto traballando todas as competencias e seguindo o modelo DUA.

 

 

 

 

O 15 de marzo publicouse no BOE a resolución pola que se convocan bolsas para o curso académico 2023-2024 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios (Bacharelato, FP, graos, másters...). O prazo para solicitala ábrese o 27 de marzo e PÉCHASE O 17 DE MAIO.

Tes máis información (enlaces, pasos para cumprimentala...) no seguinte pdf.

PDF  bolsas para estudos postobrigatorios 2023-24

 

O 12 de marzo o Ministerio de Educación publicou a resolución pola que se convocan bolsas para o curso académico 2022-2023 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios (Bacharelato, FP, graos, másters...). O prazo para solicitala ábrese o 30 de marzo e PÉCHASE O 12 DE MAIO. Tes máis información (enlaces, pasos para cumprimentala...) no seguinte pdf.

PDF bolsas para estudos postobrigatorios 2022-23

Distribuir contido