Charlas

Tags:

Os pasados días 28, 29 e 30 de abril o noso centro acolleu un obradoiro de teatro en igualdade promovido polos Servizos Sociais do Concello de Meira e financiado cos fondos do Pacto de estado contra a violencia de xénero. A consultora Coeduc@ foi a encargada de levar a cabo as dúas sesións por cada grupo da ESO, nas cales se promoveu a reflexión sobre os roles e a violencia de xénero a través da expresión oral e corporal e da improvisación teatral, adaptando a metodoloxía ao protocolo anti-COVID vixente.

Tags:

O luns 25 de marzo levouse a cabo unha charla, dirixida a todo o alumnado, sobre Divulgación Forestal e Prevención de Incendios, promovida pola Consellería de Medio Rural - Distrito Forestal X - Terra Chá.

Tags:
18/04/2018 18:14

Dentro do programa Mellora da Convivencia e Seguridade nos Centros Educativos, organizado pola Garda Civil, visitounos Ramón Peña para falar coas familias dos riscos asociados ao consumo de drogas e alcol.

 Charla Garda Civil

Distribuir contido