Horarios cursos

Tras consultar coa administración e tamén co alumnado de segundo de BAC, o equipo directivo e o profesorado do IES Pedregal de Irimia decidimos poñer en marcha un sistema de clases presenciais baixo demanda para as vindeiras semanas. Esta decisión está baseada na necesidade de manter unha serie de medidas de seguridade con respecto ás condicións de asepsia do centro, nas restricións sanitarias que poden afectar a parte do alumnado e do profesorado do centro, e tamén nas circunstancias familiares e laborais do alumnado e das súas familias.

O sistema funcionaría así:

  • O alumnado chamará por teléfono ao centro (982 870520) en horario de 9:30 a 13:30 amosando o seu interese por asistir ás clases que considere necesario dentro do horario do curso. Estas chamadas se realizarán como moi tarde o día lectivo anterior, pero poderán facerse con máis antelación.
  • Cando unha hora lectiva dunha data concreta chegue ao número máximo de ocupantes permitidos na aula, informarase ao alumno/a que esa clase xa está completa ese día e que non pode asistir. Ese número máximo variará en función do tamaño da aula.
  • Non se pasará lista, por entender que as familias dos menores de idade estarán ao corrente das clases presenciais dos seus fillos/as.
  • Si, polas circuntstancias que sexan, un alumno/a menor de idade ten que marchar antes de que remate a xornada lectiva, unha persoa responsable (pai/nai/titor/a legal) debe ir recollelo/la e firmar en secretaría o documento pertinente. Se o alumno/a é maior de idade deberá facer este trámite personalmente.
  • Se un alumno/a non ten unha clase por ausencia do profesor/a, poderá permanecer no espazo habilitado no centro con esa finalidade.
  • A finalidade das clases presenciais dependerá do profesorado que as imparte, pero poderán servir para repasar e ampliar contidos, ou para preparar a proba de ABAU.  

 

Distribuir contido