Animación á lectura

Club de Lectura de adultos (profesorado, pais, nais e persoal non docente) deste segundo trimestre.

Hoxe quixemos, na biblioteca do IES Pedregal de Irimia, renderlle unha pequena homenaxe ao o poeta da Terra Chá, e así, o alumnado recitou algúns dos seus poemas. Grazas pola túa obra Darío!.

"Era xa noite pecha. Levantouse e subiu ó sobrado. Detívose ante a porta do seu cuarto e viñéronlle as bágoas ós ollos. Pareceulle sentir dentro un ruído, coma un respiro. Prestou atención, un pouco asustada. Imaxinacións. Entrou no cuarto e cerrou a fiestra ás escuras. Prendeu a luz na mesiña de noite.

Unha cabeleira negra, enguetada de prata derramábase sobre a nevada brancura do cabezal. Os ollos de Galván mirábana con amor inmortal"

Galván en Saor

Dende a Biblioteca do IES Pedregal de Irimia invitamos a toda a comunidade educativa a seguir lendo e consumindo cultura no verán. No seguinte tríptico atoparedes suxestións de lectura e de películas adaptadas ás vosas idades:

O luns, 21 de xuño de 2021, achegámonos ata Ribadeo para descubrir da man do autor de "O soño de Xoán", o profesor Farruco Graña, os recunchos de Ribadeo onde se desenvolveu a trama da súa novela. Coa axuda de Farruco, os membros do Club de lectura xuvenil do IES Pedregal de Irimia puideron retrotraerse varios séculos atrás para revivir distintas escenas do libro. Moitas grazas Farruco pola túa amabilidade (acompañounos durante toda a xornada) e por asinarnos os libros con tanto agarimo.

Pero como estabamos ás portas das vacacións, aínda houbo un anaco para desfrutar da praia. Moitas grazas aos membros do Club de lectura polo voso compromiso coas letras e coa cultura. Agardámosvos o vindeiro curso!!!

Esta semana, na que conmemoramos o día do libro, queremos presentarvos unha nova edición dun proxecto literario que encetamos o ano pasado. Queremos que vos animedes vós, alumnado do IES Pedregal de Irimia, tamén vós futuros compañeiros que agora estudades 5º e 6º de Primaria no CEIP Avelino Díaz de Meira e tamén os nosos ex (ex-alumnos/as, ex-traballadores/as) do IES Pedregal de Irimia. Pero tamén é xusto que a comunidade que protexe e cuida do noso alumnado nestes tempos de crise epidemiolóxica poida participar, polo que abrímolo á avoa, ao pai, á madriña, aos amigos...

Trátase de microrrelato e hai que facelo en galego (a data límite será o 17 de maio, día das letras galegas, para que ninguén se esqueza). Este curso a temática será totalmente libre para non coartar a vosa creatividade. Para máis detalles (extensión, envío, premios, xurado...) consultade as seguintes bases.

ANIMÁDEVOS!!!!

BASES (preme aquí para coñecer as bases do certame)

Distribuir contido