Animación á lectura

Dende a Biblioteca do IES Pedregal de Irimia animamos a todos os membros da comunidade educativa a ler nas vindeiras vacacións de Nadal.

Velaquí o tríptico coas recomendacións de películas e libros.

A III exposición micolóxica do IES Pedregal de Irimia foi noticia no xornal El Progreso de Lugo o día 6 de novembro de 2020.

Dende a biblioteca animamos a toda a comunidade educativa do IES Pedregal de Irimia (alumnado, profesorado, PAS, familias...) a saír este luns ao campo para recoller cogomelos (tedes que depositalas no laboratorio de Física e Química o martes antes das 9:20 h). Cos exemplares que estean en mellor estado de conservación faremos unha exposición que estará aberta o mércores e xoves no horario de lecer. E lembrade cumprir as seguintes normas: (PREME SOBRE A IMAXE PARA VER AS NORMAS)

Despois de tanto tempo, hoxe tocou entregar os premios ás gañadoras do certame de microrrelatos organizado pola biblioteca durante o confinamento. O certame que levaba por título "Cando remate este pesadelo..." contou coa colaboración do Concello de Meira e da Área de Cultura da Deputación de Lugo. Tamén colaboraron os CEIP Avelino Díaz de Meira e o CEIP Rosalía de Castro de Pol. A todos eles MOITAS GRAZAS.

E por suposto, PARABÉNS ÁS GAÑADORAS!!!

CATEGORÍA: INFANTIL A (gañadoras “ex aequo”)

Iris Fernández García, pola obra “A nova vida de Marcos e Lucas”.

Arancha Fernández Mora, pola obra “Unha mensaxe de esperanza”.

CATEGORÍA: INFANTIL B

Deserto

CATEGORÍA: XUVENIL A

Deserto

CATEGORÍA: XUVENIL B

Deserto

CATEGORÍA: ADULTOS

Uxía Rodríguez Crecente, pola obra “Loitar e perder”.

Achégate ao longo desta semana pola biblioteca do IES Pedregal de Irimia a celebrar a festa do Samaín. Nela atoparás unha selección de libros e películas de terror e unha proxección con información e música sobre o Samaín; todo nunha ambientación terrorífica!!!!

Distribuir contido