ENTREGA DOS PREMIOS DO CERTAME LITERARIO "CANDO REMATE ESTE PESADELO..."

Despois de tanto tempo, hoxe tocou entregar os premios ás gañadoras do certame de microrrelatos organizado pola biblioteca durante o confinamento. O certame que levaba por título "Cando remate este pesadelo..." contou coa colaboración do Concello de Meira e da Área de Cultura da Deputación de Lugo. Tamén colaboraron os CEIP Avelino Díaz de Meira e o CEIP Rosalía de Castro de Pol. A todos eles MOITAS GRAZAS.

E por suposto, PARABÉNS ÁS GAÑADORAS!!!

CATEGORÍA: INFANTIL A (gañadoras “ex aequo”)

Iris Fernández García, pola obra “A nova vida de Marcos e Lucas”.

Arancha Fernández Mora, pola obra “Unha mensaxe de esperanza”.

CATEGORÍA: INFANTIL B

Deserto

CATEGORÍA: XUVENIL A

Deserto

CATEGORÍA: XUVENIL B

Deserto

CATEGORÍA: ADULTOS

Uxía Rodríguez Crecente, pola obra “Loitar e perder”.