Linguas clásicas

O alumnado de Cultura Clásica de 3° da ESO elaborou algunhas mostras de cerámica grega. A finalidade era que todos e todas puideran comprobar de xeito lúdico as características básicas da arte grega nas súas distintas manifestacións que traballamos na clase. Así, nas imaxes (Preme sobre elas) podemos ver como algúns dos estudantes quixeron recrear cerámica con estilos xeométricos (s. IX-VII a.C) e, outros, figuras negras sobre o fondo vermello da arxila (s. VII-VI a.C). 

Primeiro, moldearon a arxila coa axuda de auga, dándolle forma coas mans. Despois de deixala secar uns días ao aire, pintárona con acrílico.

Moitas mostras de cerámica elaboradas teñen función decorativa, mais a maioría serven para conter líquidos, tal e cómo sucedía na Antigüidade grega.

 

O 16 de marzo o alumnado de Latín de 4º ESO (Paula, Miguel, Ura, Sergio e Hugo) e a súa profesora, Iria, mergulláronse de cheo na cociña da Antiga Roma, coa elaboración de tres pratos moi habituais na época, seguindo as receitas de Apicio, autor latino do século I, e recollidas no libro de cociña De re coquinaria

Para achegarvos á historia da cociña da antiga Roma, aquí vos deixamos estas RECEITAS

 

Modificacións da Programación Didáctica con motivo da suspensión da actividade educativa presencial.

Os criterios de avaliación  das materias deste Departamento adxúntanse no seguinte arquivo.

Distribuir contido