Obradoiro de cerámica grega

O alumnado de Cultura Clásica de 3° da ESO elaborou algunhas mostras de cerámica grega. A finalidade era que todos e todas puideran comprobar de xeito lúdico as características básicas da arte grega nas súas distintas manifestacións que traballamos na clase. Así, nas imaxes (Preme sobre elas) podemos ver como algúns dos estudantes quixeron recrear cerámica con estilos xeométricos (s. IX-VII a.C) e, outros, figuras negras sobre o fondo vermello da arxila (s. VII-VI a.C). 

Primeiro, moldearon a arxila coa axuda de auga, dándolle forma coas mans. Despois de deixala secar uns días ao aire, pintárona con acrílico.

Moitas mostras de cerámica elaboradas teñen función decorativa, mais a maioría serven para conter líquidos, tal e cómo sucedía na Antigüidade grega.