II Certame Escolar de Ilustración IlustrarNÓS

Tags:

Parabens a Aya Lafou, alumna de 1º ESO, que foi a gañadora do II Certame Escolar de Ilustración IlustrarNÓS (categoría de 1º e 2º da ESO) que organiza a Área de Cultura da Deputación de Lugo.

O alumnado tiña que representar graficamente a idea CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO, ACTÚO! visibilizando solucións e fuxindo dunha representación catastrófica do problema.