Iniciar sesión |
Antón FraguasComo ben afirmou Antón Fraguas: “-Ser galeguista non é máis que ser amante da nosa terra”. Pois iso mesmo é o que pretendemos dende o IES Pedregal de Irimia co noso alumnado , que sexan amantes da nosa terra e da nosa cultura. Que, como fixo Antón Fraguas, nunca perdan as súas raíces “da aldea”. Que non muden nin polas situacións persoais nin polas situacións profesionais e que, así, manteñan viva a identidade da que tanto nos falou Castelao. Con este fin levamos a cabo unha actividade arredor da figura de Antón Fraguas, homenaxeado deste ano no día das nosas letras. Grazas ao alumnado polo seu interese e bo facer! |
Calendario
|