Proxecto U.M.B.R.E.L.L.A.

Este é o video interactivo que creou o alumnado de cuarto e primeiro de BAC para o proxecto Erasmus sobre os desertos urbáns. A idea era investigar sobre a cantidade de espazos verdes que temos nas vilas e cidades nas que vivimos e reflexionar sobre a necesidade de incrementalos. 

En conmemoración do día de Europa cada 9 de maio, o noso instituto sumouse a unha iniciativa na que participaron outros 13 centros escolares de distintos países. A idea era compartir un refrán local, incluindo a explicación en inglés. Coñecedes a alguén no vídeo?

Se queredes ver todos os vídeos creados polo alumnado e profesorado participante no proxecto UMBRELLA, aquí tedes esta ligazón.

Dentro do proxecto UMBRELLA estamos analizando os cambios nos patróns migratorios dalgunhas especies por mor do cambio climático. 

Despois de moitas horas de traballo, aquí tedes o noso primeiro produto: un vídeo sobre a cegoña branca.

Xa temos totalmente operativa e conectada a Internet a nosa estación meteorolóxica. Podes saber que tempo temos na zona do instituto consultando os enlaces que podes ver na páxina principal da web do centro:

 

Distribuir contido