Proxecto U.M.B.R.E.L.L.A.

Dentro do proxecto U.M.B.R.E.L.L.A estamos analizando os cambios nos patróns migratorios dalgunhas especies por mor do cambio climático. 

Aquí está o video sobre a anduriña.

Brais, Alba, Lucía, Carla e Salma, xunto con Mª Luz e Rocío, participarán na mobilidade do Proxecto U.M.B.R.E.L.L.A en Lixa (Portugal) desde o 7 ao 11 de febreiro.

Este é o Galician Team!!

Entre os días 11 e 15 de outubro, os alumnos de 2º BAC: Xián Eiros, Noura El Morchid, Andrea García, Hugo Gutiérrez, María Sandu e Diego Sangiao, acompañados polas profesoras Elvira Vila e Mª Luz Lago, participaron na mobilidade a Breaza, en Romanía, do proxecto U.M.B.R.E.L.L.A. do programa Erasmus +.

Os alumnos aloxáronse no “Dimitrie Cantemir” Military High School. Arrancou a semana coa ceremonia e discursos de benvida e con unha presentación feita polos estudantes sobre os seus respectivos paises. Ao longo da semana participaron en diferentes talleres: de escalada, técnicas de supervivencia, etc; subiron en teleférico á meseta de Bucegi e visitaron o castelo de Bran (de Drácula), o castelo de Peles en Sinaia, Brasov, o Palacio do Parlamento e o Museo de Historia Militar en Bucarest.

O último día participaron novamente en talleres e recibiron agasallos e os certificados de asistencia. Tras unha cea e festa de despedida, xa de madrugada, empezaron a viaxe de volta a Meira, contentos da súa experiencia e valorando a importancia do compartido nesa semana.

Aquí queda un video resumindo a viaxe. 

Retomamos as mobilidades do UMBRELLA Erasmus + Project.

Andrea, Diego, Hugo, María, Noura e Xián, acompañados por Mª Luz e Elvira desprazáronse ata Breaza, Romanía.

Distribuir contido