Mobility in Neringa, Lithuania

Quinta mobilidade do Proxecto U.M.B.R.E.L.L.A. a Neringa, Lituania, do alumnado e profesoras do IES Pedregal de Irimia, xunto cos alumnos, alumnas e profesorado de Gran Canaria, Portugal, Rumanía, Croacia e os anfitrións de Lituania

O tema do proxecto ten que ver co cambio climático e as actividades deste encontro versaban sobre a influencia da deforestación no quecemento global. O alumnado debía presentar a porcentaxe de superficie verde que había en cinco zonas da vila ou cidade na que vivían. Logo durante 4 semanas en dúas zonas diferentes, unha con vexetación e outra con asfalto maioritariamente, debían facer medicións de temperatura e anotacións da biodiversidade atopada. Todos os países presentaban un video coa análise dos resultados e conclusións ás que chegaban.