Mobility in Koprivnica, Croacia

Sexta e última mobilidade do Proxecto U.M.B.R.E.L.L.A. a Koprivnica, Croacia, do alumnado e profesoras do IES Pedregal de Irimia, xunto cos alumnos, alumnas e profesorado de Gran Canaria, Portugal, Rumanía, Lituania e os anfitrións de Croacia.

O noso alumnado fixo dúas presentacións. Unha na que presentaron os resultados da medición, evada a cabo durante varios días, da temperatura, humidade presión atmosférica etc en tres puntos diferentes de Meira: unha zona con vexetación, outra só de asfalto e outra con asfalto e árbores para ver como infllúe a vexetación para baixar á temperatura dentro das cidades, e polo contrario como as zonas de asfalto se converten en auténticas illas de calor urbanas (Urban Heat Islands).

Noutra presentación fixeron un estudo comparativo das temperaturas máximas, mínimas e medias, e das precipitacións durante o último ano en Meira e arredores, cotexándoas coas de hai 20 anos, para observar como nos afecta o cambio climático e o quecemento global.