OBRADOIRO DE ENERXÍAS RENOVÁBEIS (SOTAVENTO)

Tres técnicos do Parque Eólico Experimental de Sotavento achegáronse o venres, día 9 de abril, para realizar un obradoiro de enerxías renovábeis co alumnado de 3º da ESO (e 2 de Física de 2º de Bacharelato). As actividades, realizadas no interior e no exterior do IES Pedregal de Irimia, constaron dunha parte teórica e dunha práctica na que os/as rapaces/zas puideron observar o funcionamento dunha cociña solar, dunha placa solar térmica e de moitas maquetas relacionadas co mundo das enerxías renovábeis. A actividade, organizada polos departamentos de Tecnoloxía e Física e Química, rematou cun xogo de "Pasapalabra" e cun chocolate "solar" para todos os/as participantes.