O alumnado de 1º de ESO realizou unha visita á Aula da Natureza o Veral, Reserva da Biosfera, Terras do Miño

Álbum: Excursións -> Aula da Natureza o Veral 1º ESO 2019

O martes 25 de xuño ás 10:30 horas será a entrega de notas para todos os cursos de ESO, 1º de BAC e probas extraordinarias de 2º de BAC.

 

O prazo de matrícula para os aprobados en xuño (ESO e BAC) e o alumnado de 2º de BAC que teñen que cursar algunha materia no curso 2019-20, empeza o 25 de xuño e remata o 10 de xullo

O alumnado de 1º de ESO, acompañados por dúas profesoras, realizaron o 20 de xuño, unha visita guiada. En dita visita pola vila de Meira, a Igrexa Cisterciense de Santa María e o Nacemento do río Miño, actuou de guía  un alumno do propio grupo.

Un grupo de  cinco alumnos de 2º de ESO, que cursaron a materia optativa de Consumo Responsable,  fixéronse co terceiro premio da fase autonómica na convocatoria Consumópolis 14, grazas ao deseño do seu Moble Envirium, feito con materiais reciclables.

O venres 14 recibiron en Santiago os galardóns que acreditan a súa distinción a nivel autonómico.

O día 5 de xuño o alumnado de 1º de ESO desprazouse ata Lugo para realizar unha "Visita á Reserva da Biosfera, Terras do Miño", na aula da Natureza do río Rato e un roteiro pola beira do río.

Distribuir contido