Tags:
23/02/2023 00:00
24/02/2023 20:00

Un ano máis o 23 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía con un Kahoot, no que podes participar escaneando o QR ou inserindo o PIN do xogo. Faino antes do 24 de febreiro ás 20:00 horas e optarás ao premio dunha camisola, que poderás elixir persoalmente!

Tags:

O día 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da non Violencia e a Paz, en recordo de Mahatma Gandhi, un dos máximos activistas pola paz, asasinado tal día coma hoxe en 1948.

Algúns dos galardoados co Premio Nobel da Paz déronse cita nos corredores do IES Pedregal de Irimia para conmemorar esta data.

Hoxe día, 20 de xaneiro, o alumnado de Bacharelato mantivo un encontro co corredor pastoricense Esteban Iglesia Vila, campión de Galicia de campo a través.

Reserva de praza e formalización de matrícula para o curso 2023-24.

RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO PERTENCENTE A CENTROS ADSCRITOS (CEIP AVELINO DÍAZ E ROSALÍA DE CASTRO)

MODELO: ANEXO I (dispoñíbel en Secretaría) ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Código de procedemento: ED550A.

PRAZO: do 15 de XANEIRO ao 4 de FEBREIRO.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN E.S.O E BAC

MODELO: ANEXO II (dispoñíbel en Secretaría) ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Código de procedemento: ED550B.

PRAZO: do 1 ao 20 de MARZO.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA (ESO E BAC)

MODELO: dispoñíbel en Secretaría.

PRAZO: do 23 de XUÑO ao 7 de XULLO.

Distribuir contido