Sexta e última mobilidade do Proxecto U.M.B.R.E.L.L.A. a Koprivnica, Croacia, do alumnado e profesoras do IES Pedregal de Irimia, xunto cos alumnos, alumnas e profesorado de Gran Canaria, Portugal, Rumanía, Lituania e os anfitrións de Croacia.

O noso alumnado fixo dúas presentacións. Unha na que presentaron os resultados da medición, evada a cabo durante varios días, da temperatura, humidade presión atmosférica etc en tres puntos diferentes de Meira: unha zona con vexetación, outra só de asfalto e outra con asfalto e árbores para ver como infllúe a vexetación para baixar á temperatura dentro das cidades, e polo contrario como as zonas de asfalto se converten en auténticas illas de calor urbanas (Urban Heat Islands).

Noutra presentación fixeron un estudo comparativo das temperaturas máximas, mínimas e medias, e das precipitacións durante o último ano en Meira e arredores, cotexándoas coas de hai 20 anos, para observar como nos afecta o cambio climático e o quecemento global.

O mércores, día 26 de outubro de 2022, ás 12:15 h, procederase a realizar o sorteo público dos compoñentes da Xunta Electoral para a renovación do Consello Escolar do Centro. Esta Xunta estará formada por:
•    Director do Centro.
•    Un profesor ou profesora.
•    Un pai, nai ou titor/a legal.
•    Un alumno ou alumna.
A Xunta Electoral, unha vez constituída, poñerá a disposición das persoas que desexen presentar a súa candidatura un impreso para formalizala.


Preme AQUÍ para ter máis información.

Tags:

Se estás interesado/a en recibir formación en distintas temáticas relacionadas coa idade do alumnado do IES Pedregal de Irimia participa cubrindo esta enquisa ANÓNIMA. En función diso, o centro organizará, nos vindeiros cursos, conferencias cos temas que máis preocupan as familias, a modo de "Escola de nais e pais". Moitas grazas por participar.

Remata o Programa Erasmus +, Proxecto U.M.B.R.E.L.L.A que comezamos en marzo do 2020.

A última mobilidade e despedida do proxecto é do 26 ao 30 de setembro a Koprivnica, Croacia e ata alí foron Sergio, Daniela, Mateo, Diego e Jimena acompañados de Mª Luz e Elvira.

Tags:

Horario das reunións presenciais que as titoras da ESO manterán coas familias o luns 10 de outubro.

 

PREME sobre a imaxe para ampliar

Distribuir contido