O 15 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de ESO participou nunha charla sobre "Igualdade de xénero", que se completou este mércores día 20 con dous obradoiros de sensibilización sobre "Linguaxe inclusiva (1º ESO) e "Estereotipos de xénero" (2º ESO).

As actuacións foron levadas a cabo por profesionais da asociación ALAR GALICIA.

A ONU declarou o 11 de febreiro "Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia". Co gallo desta celebración, a Biblioteca Pública de Lugo organizou a xornada divulgativa "De maior quero ser...", sobre o papel da muller na actividade científica.

O alumnado de 2º e 3º de ESO do noso centro participou nesta xornada, organizada polos Departamentos de Orientación, Bioloxía e Xeoloxía, Matemáticas e Tecnoloxía. Ademais visitaron o Museo Provincial e a factoría madeireira de FINSA en Rábade.

O IES Pedregal e Irimia participa outro ano máis nos plans de formación permanente do profesorado (PFPP) implantados en centros educativos públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Tags:

O 30 de xaneiro o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato visitou o Parlamento de Galicia dentro das actividades programadas polo Departamento de Filosofía para dar a coñecer o traballo que desempeñan as deputadas e os deputados como representantes do pobo galego. 

Na sede da soberanía galega, atopáronse coa Parlamentaria e exalumna do centro Olalla Rodil Fernández.

O xoves 20 de decembro o alumnado de 4º de ESO tivo un obradoiro impartido por unha voluntaria da Cruz Vermella, que ademais foi alumna do noso centro. O tema que se traballou foi o de “Alimentación”,  dentro do bloque de Educación para a saúde do PAT. E os contidos abordados foron dende conceptos xerais sobre o tema ata os hábitos de vida saudables, pasando tamén polos trastornos da conduta alimentaria. As alumnas e alumnos reflexionaron, a través de diferentes actividades e dinámicas, sobre un tema fundamental para o seu desenvolvemento.

Viaxe inolvidable a Praga co alumnado de 2º de Bacharelato

30/11/2018
Europe/Madrid

O alumnado de 3º de ESO tivo o xoves 27 de novembro un obradoiro a cargo de Xosé Mosteiro Valle, do QUÉROTE + de Lugo. Sitúase dentro do bloque de saúde do Plan de acción Titorial do centro, e co que se pretende que a mocidade teña unha información fiable e que coñeza un recurso profesionalizado ao que poder recorrer en relación a este tema.

 

 

O día 26 de novembro o alumnado de 1º de Bacharelato participiu na actividade promovida pola  Asociación Caladiños e a Deputación de Lugo, ACHEGANDO A CIENCIA AOS CENTROS EDUCATIVOS. Visualizaron o documental realizado pola Asociación Caladiños sobre a Relatividade Espacial, para comprender o percorrido que seguiu Einstein ata chegar a enunciar unha das teorias científicas máis imponentes da historia. Acompañando á reprodución do documental, impartiuse a charla "Máis aló do plano inclinado", na que se profundizou na teoría da relatividade e na invisivilización da muller na ciencia. Para rematar realizouse un pequeno debate co alumnado sobre a súa futura educación académica no ámbito da ciencia.

Distribuir contido