ERASMUS 23/24: Acollida do Lycée Militaire de Autun en Meira (vídeo)

 

 Premer na imaxe para acceder ao vídeo 

 

O IES Pedregal de Irimia de Meira acolleu dende o domingo 17 ata o xoves 21 de marzo a once alumnos e dous profesores do Lycée Militaire d'Autun, Francia, nunha mobilidade do programa Erasmus+. O título do proxecto é: “Traballando as diferenzas culturais e os estereotipos. Unha forma de construir cidadanía europea”. Durante estes días expuxéronse e analizáronse os resultados dunhas enquisas sobre os estereotipos franceses en España e os estereotipos españoles en Francia. Fixéronse actividades para concienciar ós alumnos da importancia de non xulgar a alguén polos estereotipos que teñamos do seu país. Visitamos Santiago de Compostela, o castro de Viladonga, Lugo cidade e algo da súa costa. Así mesmo, aproveitamos para amosar as costumes e tradicións galegas, que pouco encaixan coas ideas preconcebidas que teñen no estranxeiro dunha España hipoteticamente homoxenia. Resultou sumamente interesante descubrir que Autun, situado na Borgoña francesa, ten restos dunha muralla romana similar á de Lugo, que na zona hay restos de poboados prerromanos parecidos ós nosos castros, que por Autun pasa unha das diferentes rutas do Camiño de Santiago e que os monxes que fundaron o mosteiro de Meira tiñan a súa orixe en Dijon, capital da Borgoña. Ao fin somos moito máis similares do que pensábamos nun principio!