Saltar navegación.
Inicio

Complementarias

DÍA DAS MATEMÁTICAS

Preme na imaxe para acceder á galería.

Os membros do Departamento de Matemáticas quixeron conmemorar esta data animando a toda a comunidade educativa do centro a participar en distintos xogos: obradoiros de trangráns, pentaminós,  hexamantes e xogos de estratexia.

As profesoras: Carmen Sánchez, Rosa Casero e María Villar, acompañadas por algúns dos seus alumnos e alumnas fixéronnos pasar un bo rato xogando  para resolver as distintas actividades.

Asistimos tamén a entrega dos premios do “V Concurso de Fotografía Matemática”, nesta ocasión estamos especialmente ledos,  xa que ademais dos participantes do noso centro, recibimos fotografías do C.E.I.P. Nosa Señora dos Remedios. Parabéns a todos os participantes!

Preme na imaxe para acceder á galería.

  

Para rematar a celebración,  os profesores do Departamento de Matemáticas xunto co seu alumnado de 4º ESO de PDC, FP BÁSICA e reforzo de matemáticas de 1º de ESO amosáronnos o Triángulo de Sierpinski: fractal que elaboraron ao longo do curso cun resultado espectacular.

CONTACONTOS EN INGLÉS E GALEGO

O alumnado de ESO e 1º de Bacharelato pasouno ben  practicando os seus coñecementos, nunha actividade organizada polo Departamento de Inglés, coa visita de Charo Pita e Sophie Heydel, que fixeron unha representación de contos tradicionais do mundo en inglés e galego, levando aos participantes nunha viaxe fantástica por mundos imaxinarios.

DÍA DE EUROPA.

O alumnado de 1ºESO e 2ºESO, amosa nestes días o seu traballo “Unha volta por Europa”,  nunha exposición realizada coa axuda dos seus titores na que conmemoramos o 9 de Maio: “Día de Europa”.

Preme na imaxe para acceder á galería.

VISITA DO CPI DE MONDARIZ

O alumnado de 4ºESO do CPI de Mondáriz visitou o noso centro para saber un pouco mais das nosas instalacións e oferta formativa.

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O alumnado de 1ºESO participou nun “Obradoiro sobre Dieta Mediterránea”. A actividade enmárcase no programa “Aprendemos a cociñar”  integrado na campaña Mediterraneamos organizada polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio ambiente para o ano 2016.

Preme na imaxe para acceder á galería.


Alumnos e alumnas reflexionaron coa axuda das monitoras sobre a importancia de levar unha alimentación saudable e os elementos que compoñen a pirámide da dieta mediterránea. Despois cada un fixo a súa propia receita, para finalizar cunha sesión de zumba.

 

ENCONTRO CO ESCRITOR MIGUEL ÁNGEL ALONSO

O alumnado de 1º ESO, tivo a oportunidade de intercambiar impresións co autor de “A nena a que non deixaban ser feliz” nun encontro literario organizado polo Departamento de Lingua e Literatura Galega.

Preme na imaxe para acceder á galería.

EXPER-I-CIENCIA CSIC

O alumnado de 4ºESO e de 1ºBACHARELATO de Ciencias participou nunha charla sobre o cultivo do mexillón, organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía no marco do programa Exper-i-Ciencia do CSIC.

Ademais os alumnos e alumnas familiarizaronse co traballo que se fai no CSIC e as instalacións de que dispón este organismo en Galicia.

 

 

DÍA DO LIBRO

Para conmemorar esta data, o Departamento de Normalización Lingüística e o equipo da Augateca,  colaboraron na elaboración de distintas actividades.
Co obxectivo de dar unha imaxe estético poética dos mundos interiores que favorecen a lectura, o Departamento de Normalización Lingüística, amosa nestes días no recibidor do centro a exposición: “Mirando o noso mundo”, unha iniciativa na que convidouse a participar a toda a comunidade educativa do noso centro, cada persoa debía elixir un libro e facerse unha fotografía gozando da súa lectura.
Preme na imaxe para acceder á galería.


O equipo da Augateca organizou  distintas actividades para fomentar a lectura e reflexionar sobre a importancia dos libros:

  • Coa axuda das alumnas voluntarias da Augateca,  durante o recreo  realizouse  o “Mercado Solidario de Libros”. Os fondos obtidos  destinaranse a colaborar co banco de alimentos.

       Preme na imaxe para acceder á galería.




SE EU FOSE UN LIBRO...

Preme na imaxe e poderás ver o vídeo que os teus compañeiros fixeron para celebrar o Día do libro na Augateca baseado na obra de José Jorge Letria e  André Letria  “Se Eu Fosse um Livro”

OBRADOIRO DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA

Co obxectivo de intercambiar experiencias e espertar o interese pola ciencia, o departamento de física e química organizou un "Obradoiro de divulgación científica" no que tivemos a sorte de contar coa presenza de Benito Vázquez Dorrío, profesor do departamento de física aplicada na ETSE de Minas da Universidade de Vigo.

Os alumnos e alumnas de 4ºESO e 1º BACHARELATO amosaron os conceptos aprendidos realizando distintos experimentos.

Preme na imaxe para acceder á galería.

 

Distribuir contido