Electricidade

Departamento do ciclo de Electricidade

PRESENTACIÓN CICLO MEDIO DE INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS E AUTOMÁTICAS

Presentación do ciclo medio de instalacións eléctricas e automáticas onde se reflexan os seguintes contidos:

  • Módulos profesionais
  • Saídas profesionais do ciclo
  • Talleres onde se imparten as clases
  • Prácticas que se fan:
    • Instalacións eléctricas en vivendas e edificios (carnet de instalador en baixa tensión)
    • Instalacións de televisión terrestre e satélite, telefonía e fibra óptica
Álbum: 2018_2019 -> Presentación_Ciclo_Electricidad

ELENCO PROFESORADO ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA (Curso 2023-24)

  • Heriberto Díaz Diz (Titor 2º FPB e XD).

                Titoría P/A: Martes de 10:25 a 11:15.

  • Rocío Martínez Martínez.

                Titoría P/A: Mércores de 10:25 a 11:15.  

EXAMES FINAIS DE XUÑO DO DEPARTAMNETO DE ELECTRICIDADE. CURSO 2022-23.

 

 

1º FP Básica:

 

  • Luns 19 de Xuño: Ciencias Aplicadas I.

  • Luns 19 de Xuño: IED.

  • Martes 20 de Xuño: EEE.

  • Martes 20 de Xuño: Comunicación e sociedade I.

  • Mércores 21 de Xuño: Comunicación e sociedade I (Inglés).

 

 

2º FP Básica:

 

  • Venres 16 de Xuño: IMRTD.

  • Luns 19 de Xuño: IT.

INFORMACIÓN PROXECTO DE INNOVACIÓN 2020 INSTALACIÓN FOTOVOLTAICA

O departamento de electricidade mostra o link para acceder a toda a información do proxecto de innovación 2020 da Instalación fotovoltaica para autoconsumo sen excedentes dunha vivenda monitorizada vía web.

Electricidade, fai click na imaxe

Álbum: 2019_2020 -> Electricidad 2020

PROXECTO INNOVACIÓN 2018 DEPARTAMENTO ELECTRICIDADE: INSTALACIÓN FOTOVOLTAICA CONTROLADA VIA WEB

O departamento de electricidade quere informar a toda a comunidade educativa do IES PEDRA DA AUGA que lle foi concedido por segundo ano consecutivo un novo proxecto de innovación que consiste nunha instalación fotovoltaica controlada con arduino e monitorizada via web. Contamos coa colaboración do departamento de automoción para a realización das estructuras metálicas dos paneis fotovoltaicos e coa empresa Enrede Cloud Solutions, S.L.

Comezamos xa a executar a instalación exterior dos focos led, sensores de movemento, sensor crepuscular e estructura metálica dos paneis deixando xa instaladas as correspondentes liñas.

Dito traballo foi realizado polos alumnos de 1º curso da FP Básica de electricidade e por alumnos de automoción na colocación da estructura dos paneis.

O traballo de automatización da instalación será realizado polos alumnos de  2º do ciclo de electricidade no curso 2018-19

 

 

FP INNOVA 2018

O 25, 26 e 27 de abril celebrouse en Santiago de Compostela na Cidade da Cultura o Congreso de Innovación da Formación Profesional, FP INNOVA 2018, onde estivo presente o Departamento de Electricidade do IES Pedra da Auga co proxecto de innovación dunha vivenda domótica impresa en 3D, automatizada con arduinos e controlando o alumeado e calefacción dende móvil ou tablet.

PROXECTO INNOVACIÓN 2017 DEPARTAMENTO ELECTRICIDADE: VIVENDA AUTOMATIZADA CON ARDUINO E IMPRESA EN 3D

Os alumnos de 2º curso do ciclo medio de electricidade e a coordinadora do proxecto Rocío Martínez, remataron a montaxe da maqueta dunha vivenda realizada cunha impresora 3D e automatizada con diferentes arduinos.

1ª FEIRA DAS ENSINANZAS PROFESIONAIS E ARTÍSTICAS DE PONTEAREAS (5 e 6 de febreiro de 2018)

O noso centro participou na 1ª Feira das ensinanzas profesionais e artísticas que se celebraron en Ponteareas o 5 e 6 de febreiro de 2018.

Estivemos presentes cun stand onde os alumnos de 2º curso do ciclo medio de instalacións eléctricas e automáticas mostraban diferentes prácticas como eran:

  • Bobinado de motores
  • Programación de autómatas e módulos lóxicos
  • Variador de velocidade dun motor
  • Fusionadora de fibra óptica

 

 

 

                           

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido