Plástica

Departamento de Plástica

MODIFICACIÓN PROGRAMACIÓN DEP. PLÁSTICA 21-22

Neste arquivo pódense consultar as modificacións á programación do departamento de plástica que respon

Museo Arte Contemporáneo de Santiago

O alumnado de 4ºESO e 1ºBACH (Debuxo Artístico) realizaron unha saída didáctica ao CGAC de Santiago o pasado 14 de maio. Alí participaron en duas actividades; unha delas, consistiu no visionado de cine fantástico de principios do século XX con banda sonora orixinal en directo.Na outra, disfrutaron dunha visita guiada a dúas exposicións temporais, destacando a adicada a obra da artista galega Ángela de la Cruz, Premio Nacional de Artes Plásticas 2017.

Álbum: 2018_2019 -> Museo Arte Comtemporáneo de Santiago

MOSTRA DE DEBUXOS DE 1º BACHARELATO

O alumnado de 1º de Bacharelato de debuxo artístico expón esta semana no recibidor do centro unha mostra das obras feitas ao longo do curso.

Preme na imaxe para acceder á galería.

XORNADA ATLÁNTICA 2016

Co obxectivo de participar nunha xornada de convivencia na natureza co alumnado dos centros da rede PEA UNESCO de Galicia, o alumnos e alumnas de 4º ESO acompañados polas profesoras Gloria Iglesias e Loli  Pardo, visitaron o Bosque de Colón, unha plantación de seuoias californianas que EEUU regalou a España en 1992 e que representa a esperanza dun futuro de crecente amizade entre os pobos de ambos os dous lados do Atlántico.
O IES Pedra da Auga como en cursos anteriores,  tiña o desafío de realizar unha intervención artística, neste caso tratábase de lembrar e representar esta esperanza de irmandade entre pobos.
Investigando e tomando como referencia obras de artistas que realizaron intervencións na natureza, as profesoras e o seu alumnado fixeron a seguinte proposta: Tecer redes entre as secuoias como xeito de simbolizar a amizade transoceánica. As redes que conectan as secuoias (simbolizando aos pobos de América) son collidas polos nenos e profesores (simbolizando aos pobos desta beira do Atlántico).
Preme na imaxe para acceder á galería.


Trala intervención os nosos alumnos e alumnas agasallaron aos participantes da actividade cun cómic "Atlantiña" deseñado por Iria Fernández Groba e por Luisa de Castro Sousa.

A MENINA FLOR DA AUGA

O Pedra da Auga sumouse á iniciativa proposta desde o Concello de Ponteareas, tomando como referencia a historia da ponteareana Agustina Sarmiento, unha das damas do famoso cadro de Velázquez, tratábase de realizar un deseño orixinal co que adornar a silueta dunha menina.

A profesora Gloria Iglesias e o seus alumnos e alumnas de 3º ESO, 4º ESO e 1º BACHARELATO puxéronse a traballar cun deseño da alumna Uxía Loureiro Caamaño, cun resultado sensacional.

As meninas aportadas polos distintos centros docentes de Ponteareas expóñense estes días en locais comerciais da vila.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PROXECTO ATLÁNTICO

Preme na imaxe para acceder á galería.

Como Centro asociado a Rede de Escolas UNESCO, o noso instituto está a participar no

DANIEL GONZÁLEZ E BELÉN FERNÁNDEZ DE 1ºESO: PREMIADOS NO ” I CONCURSO DE DEBUXO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”

Os debuxos de dous alumnos de 1ºESO do IES Pedra da Auga, foron premiados no “I Concurso contra a violencia de xénero” convocado  desde o Centro de Información á Muller (CIM), dependente do Concello de Ponteareas.

Distribuir contido