Iniciar sesión

Calendario

« Outubro 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Impresos e modelos

NOVOS ITINERARIOS

PMAR

CICLOS FORMATIVOS

Novas

Convocatoria de reunión para pais e nais

Estimadas familias:

O vindeiro luns 7 de outubro, convócase a unha reunión aos pais e nais do alumnado da ESO, BACHARELATO E FPB do IES Pedra da Auga.

A reunión comezará ás 18:15 cada pai/nai irá á aula do seu fillo/a co titor/a correspondente agás os pais/nais de 1º de ESO que irán ao salón de actos para unha breve presentación do equipo directivo. A continuación subirán as aulas co titor/a da súa filla/o.

Un saúdo.

Rebeca Nuñez Fernandez                                      María José Fernández Sestelo

Directora                                                              Xefa de estudos

Alumnado admitido para primeiros cursos de Formación Profesional Básica

Neste enlace pódese consultar a relación de admitidos na FP Básica para o curso escolar que comeza o luns.

O alumnado admitido debe proceder a súa matrícula o venres día 13 de setembro.

Entrega de boletíns de notas de xuño.

2º de Bacharelato, os boletíns entregaránse ás 9,00 do martes 25 de xuño, o prazo de reclamacións de cualificacións é o propio día 25 e o día 26 de xuño, o prazo de matrícula para a convocatoria extraordinaria de ABAU é os días 26 e 27 de xuño.

1º da ESO os boletíns entregaránse ás 13,30 horas do mércores 26 de xuño.

2º, 3º e 4º da ESO, 1º de Bacharelato e Ciclos formativos os boletíns de notas entregaránse ás 11,00 horas do xoves 27 de xuño.

As instruccións para as matrículas do alumnado de cara ao vindeiro curso escolar están dispoñibles aquí.

Curso 2019/2020 - Impresos de matrícula e instruccións.

Modelos de impresos de matrícula para ESO e Bacharelato con instruccións.

 

Como cada curso escolar compre facer o trámite de matrícula para todos os cursos de ESO e Bacharelato.

Ao alumnado xa matriculado no Centro entregaráselle un impreso co último boletín de notas.

O alumnado de nova incorporación pode descargar e imprimir os modelos para non verse obrigado a achegarse dúas veces ao IES para este trámite.

Lémbrase a recomendación de empregar os días do prazo legal recomendados nas instruccións, xa que deste xeito evitamos colas interminables e poderemos prestar mellor atención a cada persoa.

MODELOS DE MATRÍCULA:

ESO: , , E

Bacharelato: , 2º Ciencias, 2º Humanidades ou Ciencias Sociais.