Saltar navegación.
Inicio

Novas

Reunión de todo o alumnado que rematou 2º de bacharelato.

O vindeiro luns día 8, ás 10,00 horas convócase a unha reunión no centro a todo o alumnado que rematou 2º de bacharelato.

Esta reunión ten como finalidade dar a coñecer todos os trámites que compre facer para solicitar o título e para matricularse da ABAU, ou para solicitar prazas en ciclos formativos.

Prazos de matrículas para ciclos formativos

Os prazos para as matrículas de ciclos formativos aínda non se coñecen.

Cada ano hay dous períodos, ordinario e extraordinario. Trátase de procedementos online centralizados para facer as solicitudes de admisión e as matrículas para primeiros cursos de ciclos medios e superiores.

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2020/2021.

Mañá, día 20 de maio, e ata o vindeiro 19 de xuño abre o prazo para a solicitude dos libros de texto e material escolar para alumnado que estea escolarizado na ESO no vindeiro curso escolar.

Alumnado admitido para o vindeiro curso escolar 2020/2021

Onte finalizou o prazo de solicitude de admisión para o vindeiro curso escolar.

Relacións provisionais de alumnos admitidos procedentes doutros centros escolares e que formalizaron a súa solicitude de admisión:

1º da ESO

Reposición do prazo de solicitudes de admisión

Bo día.

Dende o luns 11 ata o luns 18 reponse o prazo de solicitudes de admisión que se paralizou co estado de alarma e que abranguía do 1 ao 20 de marzo.

Deben utilizar este prazo soamente aqueles alumnos que pretendan praza en ESO e Bacharelato para o vindeiro curso e que non teñan reserva de praza feita.

NOTAS SEGUNDA AVALIACIÓN

Boa tarde,

A aplicación Abalar está saturada xa que todo o alumnado está a intentar entrar. As notas  xa están publicadas e podedes acceder a elas ao longo do día. Tede paciencia.

Moitas gazas e un saúdo a todos

2ª avaliación, aclaracións e comunicación das cualificacións.

A Consellería de Educación Universidade e Formación Profesional dictou instruccións para a 2ª avaliación deste curso dado o estado de alarma vixente.

No día de onte e no de hoxe o profesorado do IES Pedra da Auga está a facer as avaliacións de todos os grupos agás os de 2º de bacharelato que xa tiveron lugar antes do confinamento.

-Non son avaliables as actividades relacionadas cos contidos realizadas polo alumnado con posterioridade á declaración do estado de alarma, mediante a teleformación.

-Só se avalía o traballo desenvolvido ata a data da suspensión das clases.

-As cualificacións van a seren consultables na aplicación "Abalar móbil".

Seguimos ao voso dispór no email do instituto ies.pedra.auga@edu.xunta.gal e no teléfono do instituto, 886 12 12 05

Unha aperta a toda a comunidade escolar, coidádevos.

ACTUALIZACIÓN, 13/03/2020: Suspendidas todas as actividades docentes 14 días a partir do día 16.

Actualización, 14, 25 horas, 13/03/2020.

A Consellería ven de publicar unhas novas instruccións ante a evolución da pandemia do Covid-19.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30550

 

O PRAZO PARA ADMISIÓN DE ALUMNADO DE CARA AO VINDEIRO CURSO ESCOLAR AMPLÍASE ATA UNHA SEMANA DESPOIS DO REINICIO DA ACTIVIDADE ESCOLAR.

O IES PEDRA DA AUGA PERMANECERÁ PECHADO ATA QUE SE SOLVENTE A CRISE.

O luns 16 de marzo será o único día no que haberá uns servizos mínimos para solventar incidencias, sempre que a situación o permita.

A dirección do IES prega a toda a comunidade educativa que permanezan o máis posible nos seus domicilios para evitar contaxios.

Agardamos que todo se resolva do mellor xeito posible.

Debedes manter todos o contacto vía email e vía aula virtual co voso profesorado.

Seguide pendentes desta páxina web, onde se informará de calquer novidade de interese

===========================

Publicación das 20,00 do día 12/03/2020:

Por mor da pandemia de Covid-19 a consellería suspende as clases en toda Galicia. 

A falta de determinar medidas concretas adaptadas ao noso centro compre que toda a comunidade educativa coñeza as instruccións da Consellería:

http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

 

Admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2020/2021

ACTUALIZACIÓN, 6 DE MARZO.

Con data de onte matriculáronse por traslado dous alumnos de 1º e 3º da ESO, isto afecta á oferta de prazas xa que teñen dereito á reserva. Debido a elo a oferta de 4º da ESO queda en 28 vacantes.

============================================

 

Entre os días 1 e 20 de marzo está aberto o prazo de solicitude de postos escolares para o vindeiro curso escolar 2020/2021.

RELACIÓN DE VACANTES ESCOLARES OFERTADAS PARA O CURSO 2020/21

Para cursar os niveis de ESO e Bacharelato no IES Pedra da Auga de Ponteareas.

1º ESO 15 vacantes (6 delas NEAE)

2º ESO 0 vacantes

3º ESO 18 vacantes

Distribuir contido