Saltar navegación.
Inicio

Admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2020/2021

ACTUALIZACIÓN, 6 DE MARZO.

Con data de onte matriculáronse por traslado dous alumnos de 1º e 3º da ESO, isto afecta á oferta de prazas xa que teñen dereito á reserva. Debido a elo a oferta de 4º da ESO queda en 28 vacantes.

============================================

 

Entre os días 1 e 20 de marzo está aberto o prazo de solicitude de postos escolares para o vindeiro curso escolar 2020/2021.

RELACIÓN DE VACANTES ESCOLARES OFERTADAS PARA O CURSO 2020/21

Para cursar os niveis de ESO e Bacharelato no IES Pedra da Auga de Ponteareas.

1º ESO 15 vacantes (6 delas NEAE)

2º ESO 0 vacantes

3º ESO 18 vacantes

4º ESO 29 vacantes

1º BACH 32 vacantes (13 para Humanidades e 19 para Ciencias)

2º BACH 40 vacantes (19 para Humanidades e 21 para Ciencias)

 

PROCEDEMENTO:

Online: a través da aplicación admisionalumnado as familias poden realizar este trámite cubrindo coidadosamente todos os campos, sen abreviaturas, e escaneando ou fotografiando toda a documentación que lle requerirá na propia aplicación. O resultado final será un pdf que poderá presentar no instituto ou na sede electrónica.

Presencialmente: na secretaría do propio IES Pedra da Auga, imprimindo e cubrindo o impreso do procedemento ED550B (tamén se pode obter o formulario na secretaría do instituto) e achegando a documentación ao propio centro.