Saltar navegación.
Inicio
Instituto de educación secundaria

Multilingüismo

Multilingüismo nas túas mans

Obradoiro de multilingüismo baseado no uso de xestos internacionais como ferramenta para a aprendizaxe elemental de calquera lingua.

Para iso, deberás abrir a sección "Lessons" á dereita, e escoller a lingua galega. Aparecerán unha serie de leccións.

Cada lección consiste duns diálogos acompañados de xestos.

Abrindo o video, podes repetir os xestos e as frases, ata que sintas que o xesto acompaña de xeito natural o que estás a dicir. 

Escolle despois a lingua que desexes, e no video da mesma lección poderás comprobar que os xestos axudan a entender as frases cando as repitas nesa nova lingua facendo os xestos ao mesmo tempo.

Cada lección leva un arquivo en pdf. Se o abres, verás que cada xesto ten un enlace a unha  explicación do mesmo. Se imprimes os pdfs en galego e na lingua elixida, pòderás practicar pola túa conta.

Máis explicacións (en inglés): abrindo a páxina "Lessons"

Distribuir contido