Complementarias
CONCURSO DE MICRORRELATOS
Partindo da frase “Cuanta fuerza y que poca puntería”, os alumnos e alumnas de 2ºESOB coa axuda da profesora Mercedes Martín, puxeron en marcha a súa creatividade escribindo relatos curtos.
Os gañadores foron:
- 1º Premio: Antía Juíz Rodríguez
- 2º Premio: Alba Fernández Rodríguez
- 3º Premio: Naiara Montes de Francisco
CHARLA “A VESPA VELUTINA: UNHA AMEAZA PARA O NOSO ECOSISTEMA"
O alumnado de 2ºESO coñeceu a evolución e as consecuencias da expansión da avespa asiática en Galicia nunha charla impartida por Nacho Rivero e organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
Preguntas sobre a Avespa Velutina e respostas de Nacho durante o Punto Científico realizado o 23 de abril (sábado) diante do Concello de Ponteareas no marco da Semana da Ciencia 2016.
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
Para conmemorar o “Día Mundial da Saúde” e promover hábitos de vida saudables o alumnado de 3ºESO participou esta semana nun "Obradoiro de Alimentación e Nutrición" coordinado polo Departamento de Orientación e impartido por persoal voluntario da Cruz Vermella.
NAVEGA CON RUMBO POLO CIBERESPAZO
O alumnado de 1ºESO reflexionou sobre as posibilidades para o lecer e o aprendizaxe que internet ofrece, pero tamén sobre os riscos que pode representar: acceso a contidos non apropiados e contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser.
PRESENTACIÓN DA SEMANA DAS CIENCIAS EN PONTEAREAS
Onte presentouse en Ponteareas a primeira edición da "Semana das Ciencias" que divulgará o coñecemento científico en diferentes áreas entre os días 18 e 23 de abril.
O alumnado do noso centro, coordinado por profesores dos Departamentos de Física e Química e Matemáticas, terá unha participación activa realizando distintos obradoiros que presentará o 22 de abril.
Preme na imaxe para acceder á información sobre a "Semana das Ciencias".
A UNIVERSIDADE DE VIGO VISITA O PEDRA DA AUGA
O alumnado de 2º de Bacharelato solventou as súas dúbidas sobre o acceso aos Graos e as posibilidades que lles ofrece a Universidade de Vigo.
DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR
Para conmemorar este ano o "Día Mundial dos Dereitos do Consumidor" traballamos: "As sete R do consumidor responsable".
Alumnos e alumnas do Ciclo de Grao Superior de Administración e Finanzas, guiados pola profesora Mayca Rivas, impartiron distintos obradoiros ao alumnado da ESO co obxectivo de sensibilizalos con prácticas eficaces para cuidar o noso entorno.
Preme na imaxe para acceder á galería.
COMPETICIÓNS DEPORTIVAS DO IES PEDRA DA AUGA: VOLEIBOL
O voleibol converteuse no protagonista das competicións deportivas organizadas polo Departamento de Educación Física neste segundo trimestre.
Preme na imaxe para acceder á galería.
O resultado final da clasificación é o seguinte:
Grupo A:
Primeiro posto: “Nuggest one”
Segundo posto: “Cinco mas uno”
Grupo B:
Primeiro posto: “Flow”
Segundo posto: “Conocidos”
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Hoxe, 8 de marzo, celebramos o “Día Internacional da Muller”, data que conmemora a loita da muller pola súa participación na sociedade en igualdade co home e o seu desenvolvemento íntegro como persoa.
Co obxectivo de amosar a importancia da figura da muller ao longo da historia, o alumnado de 3ºESO e 4ºESO conducido pola profesora Cristina González , expón nestes días no recibidor do centro o seu traballo dedicado a mulleres destacadas que marcaron a diferenza en distintos campos: política, arte, ciencia,...
Preme na imaxe para acceder á galería.
Por outra banda, e para reivindicar a igualdade, alumnos e alumnas de 1º Bacharelato coordinados polos profesores Matías da Torre e Isabel Ávila, participaron nun acto no Concello de Ponteareas no que fixeron distintas reflexións sobre a situación da muller na sociedade actual a través de: lecturas de textos de creación propia, dun recital de poemas, interpretación de raps,e da lectura dun manifesto pola igualdade: “Imperfectas”.
Preme aquí para acceder ao vídeo e información.
Preme na imaxe para acceder á galería.
O Departamento de Orientación, en colaboración coas titorías e co Departameno de Plástica, fixo participe a todo o alumnado da ESO desta data coa proposta “A muller que mais admiro...”, co obxectivo de invitar á reflexión sobre o importante papel que xogan as mulleres do noso entorno nas nosas vidas.
Preme na imaxe para acceder á galería.
ENCONTRO SOBRE EMPRENDEMENTO
Co obxectivo de achegar a realidade emprendedora ao noso centro, o departamento de FOL organizou hoxe un "Obradoiro sobre Emprendemento" no que participou o alumnado dos ciclos formativos de Instalacións Eléctricas, de Mantemento de Vehículos e de Administración.
No encontro, un técnico do IGAPE e dous emprendedores da zona, deron a coñecer a súa experiencia profesional en relación ao proceso de creación dunha empresa.
Esta actividade encádrase dentro do programa Actúa no marco do Plan eduemprende que trata de poñer en valor o talento emprendedor como ferramenta para o desenvolvemento profesional e alternativa laboral para o alumnado.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »