Iniciar sesión

Calendario

« Agosto 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Impresos e modelos

NOVOS ITINERARIOS

PMAR

CICLOS FORMATIVOS

Complementarias

PRESENTACIÓN DA SEMANA DAS CIENCIAS EN PONTEAREAS

Onte presentouse en Ponteareas a primeira edición da "Semana das Ciencias" que divulgará o coñecemento científico en diferentes áreas entre os días 18 e 23 de abril.

O alumnado do noso centro, coordinado por profesores dos Departamentos de Física e Química e Matemáticas, terá unha participación activa realizando distintos obradoiros que presentará o 22 de abril.

Preme na imaxe para acceder á información sobre a "Semana das Ciencias".

Q55A5930

A UNIVERSIDADE DE VIGO VISITA O PEDRA DA AUGA

O alumnado de 2º de Bacharelato solventou as súas dúbidas sobre o acceso aos Graos e as posibilidades que lles ofrece a Universidade de Vigo.

DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR

Para conmemorar este ano o "Día Mundial dos Dereitos do Consumidor"  traballamos: "As sete R do consumidor responsable".

Alumnos e alumnas do Ciclo de Grao Superior de Administración e Finanzas, guiados pola profesora Mayca Rivas, impartiron distintos obradoiros ao alumnado da ESO co obxectivo de sensibilizalos con prácticas eficaces para  cuidar o noso entorno.

Preme na imaxe para acceder á galería.

COMPETICIÓNS DEPORTIVAS DO IES PEDRA DA AUGA: VOLEIBOL

O voleibol converteuse no protagonista das competicións deportivas organizadas polo Departamento de Educación Física neste segundo trimestre.

Preme na imaxe para acceder á galería.

O resultado final da clasificación é o seguinte:
    Grupo A:
        Primeiro posto: “Nuggest one”
        Segundo posto: “Cinco mas uno”
    Grupo B:
        Primeiro posto: “Flow”
        Segundo posto: “Conocidos”

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe, 8 de marzo, celebramos o “Día Internacional da Muller”, data que conmemora a loita da muller pola súa participación na sociedade en igualdade co home e o seu desenvolvemento íntegro como persoa.

Co obxectivo de amosar a importancia da figura da muller ao longo da historia, o alumnado de 3ºESO e 4ºESO conducido  pola profesora Cristina González , expón nestes días no recibidor do centro o seu traballo dedicado a mulleres destacadas que marcaron a diferenza en distintos campos: política, arte, ciencia,...

Preme na imaxe para acceder á galería.

Por outra banda, e para reivindicar a igualdade, alumnos e alumnas de 1º Bacharelato coordinados polos profesores Matías da Torre e Isabel Ávila, participaron nun acto no Concello de Ponteareas no que fixeron distintas reflexións sobre a situación da muller na sociedade actual a través de: lecturas de textos de creación propia, dun recital de poemas, interpretación de raps,e da lectura dun manifesto pola igualdade: “Imperfectas”.

Preme aquí para acceder ao vídeo e información.

Preme na imaxe para acceder á galería.

O Departamento de Orientación, en colaboración coas titorías e co Departameno de Plástica, fixo participe a todo o alumnado da ESO desta data coa proposta “A muller que mais admiro...”, co obxectivo de invitar á reflexión sobre o importante papel que xogan as mulleres do noso entorno nas nosas vidas.

Preme na imaxe para acceder á galería.

ENCONTRO SOBRE EMPRENDEMENTO

Co obxectivo de achegar a realidade emprendedora ao noso centro, o departamento de FOL  organizou hoxe un "Obradoiro sobre Emprendemento" no que participou o alumnado dos ciclos formativos de Instalacións Eléctricas, de Mantemento de Vehículos e de Administración.

No encontro, un técnico do IGAPE e dous emprendedores da zona,  deron a coñecer  a súa experiencia profesional en relación ao proceso de creación dunha empresa.

Esta actividade encádrase dentro do programa Actúa no marco do Plan eduemprende  que trata de poñer en valor o talento emprendedor como ferramenta para o desenvolvemento profesional e alternativa laboral para o alumnado.