Iniciar sesión

Calendario

« Agosto 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Impresos e modelos

NOVOS ITINERARIOS

PMAR

CICLOS FORMATIVOS

Complementarias

DÍA DE EUROPA.

O alumnado de 1ºESO e 2ºESO, amosa nestes días o seu traballo “Unha volta por Europa”,  nunha exposición realizada coa axuda dos seus titores na que conmemoramos o 9 de Maio: “Día de Europa”.

Preme na imaxe para acceder á galería.

VISITA DO CPI DE MONDARIZ

O alumnado de 4ºESO do CPI de Mondáriz visitou o noso centro para saber un pouco mais das nosas instalacións e oferta formativa.

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O alumnado de 1ºESO participou nun “Obradoiro sobre Dieta Mediterránea”. A actividade enmárcase no programa “Aprendemos a cociñar”  integrado na campaña Mediterraneamos organizada polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio ambiente para o ano 2016.

Preme na imaxe para acceder á galería.


Alumnos e alumnas reflexionaron coa axuda das monitoras sobre a importancia de levar unha alimentación saudable e os elementos que compoñen a pirámide da dieta mediterránea. Despois cada un fixo a súa propia receita, para finalizar cunha sesión de zumba.

 

ENCONTRO CO ESCRITOR MIGUEL ÁNGEL ALONSO

O alumnado de 1º ESO, tivo a oportunidade de intercambiar impresións co autor de “A nena a que non deixaban ser feliz” nun encontro literario organizado polo Departamento de Lingua e Literatura Galega.

Preme na imaxe para acceder á galería.

EXPER-I-CIENCIA CSIC

O alumnado de 4ºESO e de 1ºBACHARELATO de Ciencias participou nunha charla sobre o cultivo do mexillón, organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía no marco do programa Exper-i-Ciencia do CSIC.

Ademais os alumnos e alumnas familiarizaronse co traballo que se fai no CSIC e as instalacións de que dispón este organismo en Galicia.

 

 

DÍA DO LIBRO

Para conmemorar esta data, o Departamento de Normalización Lingüística e o equipo da Augateca,  colaboraron na elaboración de distintas actividades.
Co obxectivo de dar unha imaxe estético poética dos mundos interiores que favorecen a lectura, o Departamento de Normalización Lingüística, amosa nestes días no recibidor do centro a exposición: “Mirando o noso mundo”, unha iniciativa na que convidouse a participar a toda a comunidade educativa do noso centro, cada persoa debía elixir un libro e facerse unha fotografía gozando da súa lectura.
Preme na imaxe para acceder á galería.


O equipo da Augateca organizou  distintas actividades para fomentar a lectura e reflexionar sobre a importancia dos libros:

  • Coa axuda das alumnas voluntarias da Augateca,  durante o recreo  realizouse  o “Mercado Solidario de Libros”. Os fondos obtidos  destinaranse a colaborar co banco de alimentos.

       Preme na imaxe para acceder á galería.