Saltar navegación.
Inicio

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe, 8 de marzo, celebramos o “Día Internacional da Muller”, data que conmemora a loita da muller pola súa participación na sociedade en igualdade co home e o seu desenvolvemento íntegro como persoa.

Co obxectivo de amosar a importancia da figura da muller ao longo da historia, o alumnado de 3ºESO e 4ºESO conducido  pola profesora Cristina González , expón nestes días no recibidor do centro o seu traballo dedicado a mulleres destacadas que marcaron a diferenza en distintos campos: política, arte, ciencia,...

Preme na imaxe para acceder á galería.

Por outra banda, e para reivindicar a igualdade, alumnos e alumnas de 1º Bacharelato coordinados polos profesores Matías da Torre e Isabel Ávila, participaron nun acto no Concello de Ponteareas no que fixeron distintas reflexións sobre a situación da muller na sociedade actual a través de: lecturas de textos de creación propia, dun recital de poemas, interpretación de raps,e da lectura dun manifesto pola igualdade: “Imperfectas”.

Preme aquí para acceder ao vídeo e información.

Preme na imaxe para acceder á galería.

O Departamento de Orientación, en colaboración coas titorías e co Departameno de Plástica, fixo participe a todo o alumnado da ESO desta data coa proposta “A muller que mais admiro...”, co obxectivo de invitar á reflexión sobre o importante papel que xogan as mulleres do noso entorno nas nosas vidas.

Preme na imaxe para acceder á galería.